Skip to Content

DÍA DO ANIVERSARIO DO COLEXIO

Álbum: CURSO 2018-2019 -> 50º aniversario do colexio

Neste venres, cumprimos oficialmente 50 anos.

O 15 de novembro de 1969 apareceu publicada no BOE (Boletín Oficial do Estado) a constitución da Escuela Graduada Mixta “Raquel Camacho”, no barrio Agra do Orzán, con 14 unidades escolares. Fixádevos: 6 eran clases para os nenos, 6 para as nenas e 2 para os párvulos (E. Infantil). Tamén había vivendas para os profesores e profesoras, onde hoxe está a Escola Infantil Municipal Agra do Orzán.

Anos máis tarde, as clases pasaron a ser mixtas como agora (de nenos e nenas xuntos) e o colexio tivo outros nomes. Nun marabilloso artigo na revista escolar do curso pasado, o alumnado de 6ºA de Primaria quixo amosarnos todos eses nomes homenaxeando, de paso, a todos os directores e directoras que mandaron no colexio. Ofrecíannos unha lista de todos eles e elas desde a súa creación ata hoxe en día. Cinco mulleres e tres homes aos que lles debemos moito.

Escuela Graduada Mixta Raquel Camacho

1ª. Dona M. Pilar Marcote Vázquez (1969-1971).

Colegio Nacional Raquel Camacho

2ª. Dona M. Teresa Silva Cabarcos (1971-1984).

3ª. Dona Elisa Fernández Núñez (1984-1989).

4º. Don José Nieto Vázquez (1989-1993).

Colexio Público Raquel Camacho e CEIP Raquel Camacho

5º. Don Xesús Manoel Pazos Moscoso (1993-2007).      

6º. Don Rafael de la Torre Muñoz (2007-2011).

7ª. Dona M. Jesús Barreiro Rial (2011-2017).

8ª. Dona Rosa M. Mosteiro Neira (2017-actualidade).

A xeración do 62 | Imaxe: Manolo Hermo. 



album | by Dr. Radut