Skip to Content

Activ. colectivas

Festival de fin de curso 2011-2012 no Ágora

FESTIVAL DE FIN DE CURSO NO ÁGORA - MÉRCORES 20 DE XUÑO DE 2012

VIDEO 3 ANOS

Recordamos a Rosalía

Con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro imos facer as seguintes actividades:

LETRAS GALEGAS 2011

Lois Pereiro       

 

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"

Lois pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) -libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostimento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz -para alén do ensaio xa citado -os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura. Enfermo de SIDA, Lois Pereiro faleceu na Coruña o 24 de maio de 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día que se coñeceu a sentencia do caso.

Lois Pereiro, o autor elixido para commemorar as Letras Galegas 2011, é un poeta que se aparta un tanto dos cánones literarios. Empapado pola estética do mundo que lle tocou vivir, verqueu o seu inconformismo na súa obra.

 

COMO TODOS OS ANOS CONTAMOS CO TRABALLO ELABORADO POLO SEMINARIO GALÁN.

Tamén hai unhas páxinas interesantes doutros coles:

ACTIVIDADES LIM CEIP CONDE DE FENOSA.

MUNDIÑO. CEIP CAMPOLONGO 

Distribuir contido


by Dr. Radut