Dinamización lectora

Visita de Rosalía Morlán

Visita de Rosalía Morlán

 
En véspera do Día das Letras Galegas tivemos a sorte de contar con Rosalía Morlán, poetisa galega, que estivo animando á lectura ao noso alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria. Con ela mergullámonos en diferentes historias a través de personaxes tan curiosos como o sapo Rosendo e o dragón Antón. 
Así, deste xeito, puidemos achegarnos á poesía en galego tendo en conta situacións da vida cotiá: a nosa contorna máis inmediata e os animais como fonte de inspiración. Algúns rapaces e rapazas xa se declararon ferventes defensores da escrita e xa contan cos seus primeiros poemiñas e contos. Unha delicia!
Ademais, Rosalía tamén quixo deixarnos unha serie de deberes para traballar todos os días: 
1. Ler moito.
2. Traballar na casa e no colexio.
3. Ser solidarios e bos compañeiros/as.

Un pracer compartir parte da mañá con ela!

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

    Con motivo da semana do libro e como agradecemento ao alumnado de sexto pola súa colaboración na biblioteca. Hoxe acompañounos , María Lapido ilustradora profesional.

Graciñas

Comezamos a celebración do LIBRO

 

Esta semana con motivo da Semana do Libro, que durará unha quincena.

Queremos animar ao alumnado desde todas as aulas á lectura. Neste caso a proposta do equipo de Biblioteca (apoiado pola dinamización da lingua galega) fixo un chamamento ao alumnado de 6º que participa de colaborador/a de biblioteca e que a puxo a andar, neste curso tan complicado, temos que dicir que a colaboración foi tal, que temos que deixar algún contacontos para Maio, con motivo das letras.

Así o alumnado de 6º está indo polas aulas de infantil para contar un conto. Esta é unha ilustración deste primeiro día.

Grazas rapaces e rapazas, sen vós: nós non somos.

Non deixes de ver que máis cousas preparamos nos documentos adxuntos: Calendario e Programa.

 

CONTACONTOS

O pasado luns 21 de marzo o alumado de 1º Ciclo de Primaria disfrutou dunha sesión de contacontos na biblioteca do centro.

Grazas ao magnífico contacontos Benxamín que nos relatou unha nova versión do conto dos tres porquiños e nos agasallou cuns estupendos debuxos.

O noso agradecemento a editorial Anaya por patrocinar esta gran velada.

 

-

REAPERTURA DA BIBLIOTECA 

 

fai click nas imáxenes

SAMAÍN

Desta volta, o Equipo de Biblioteca ven cunha proposta de cara ao Samaín para as familias.

Buscade nos vosos fondos de biblioteca ou poñédevos creativos coa creación de contos e relatos de medo.

Podedes enviar as vosas hitorias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio até o luns 25 á medianoite.

ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!

 

Para o deleite de todas e todos aos que vos gusta o MEDO, aquí vai o que deu de sí, o Samaín 2021 no Ramón Cabanillas

(preme na imaxe)

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

E MOI TERRORÍFICO SAMAÍN 2021!

CERTAME DE CARTAS PARA ESTE NADAL

MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIO 

 

 

CARTAS PARA ESTE NADAL

 Máis información no blog da Biblio

HISTORIAS DE MEDO

TRABALLOS DO ALUMNADO DE 5ºB que se animaron a participar nas propostas de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca, creando e contando as súas propias historias de medo. Agardamos que vos asusten. Clica en cada imaxe.