Skip to Content

CHARLA SAÚDE BUCO-DENTAL

As nenas e nenos de primeiro A e B queremos ter os dentes brancos, porque, como ben nos amosou Lucía (a nai de Antía e Noa):
"Cun soriso brillante teremos un futuro brillante". 
Amosounos como son os nosos dentes, e díxonos cantos temos (aos 6 anos) e cantos podemos chegar a ter (na idade adulta). 
Explicounos a importancia de coidalos, co que comemos, cando o comemos e co seu cepillado. Desmentiu algún mito.
Gustounos moitísimo que nos deixara practicar a ser odontólogas e odontólogos... algunha e algúnsxa estamos a sentir vocacións tempranas.
Xogamos a " mira quen sorrí" e descubrimos que, as persoas e os debuxos que máis nos gustan, se limpan os dentes.

Moitas grazas, Lucía.



page | by Dr. Radut