Skip to Content

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Realizouse unha exposición de obxectos e ferramentas relacionadas cos oficios tradicionais galegos (lembrade o video sobre as leiteiras), ademáis os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de asistir a dúas charlas: estivo o pai de Lucía Domínguez Devesa de 4 anos A, falando dos ferradores e os pais de Lola e Sara Fernández Ares, de 4ºA e 2ºA respectivamente, amosando o seu traballo coa xoiería e ourivería. En 5ºA editaron o xornal de novas agradables "O Mentireiro". Emitíronse dúas edicións especiais de Radio Furelo, unha por parte de nenos e nenas de infantil 3 anos A, que leron un poema de Xosé Filgueira Valverde  e unha entrevista ao mestre do Colexio Lourenzo, que foi alumno do mesmo. Traballouse nas aulas sobre a a vida e a obra deste autor ao que se adica o "Día das Letras Galegas 2015".



page | by Dr. Radut