Skip to Content

APADRIÑA UN PINGÜINO!

O alumnado de 2º de Primaria, que está moi comprometido co medio ambiente e coa preservación dos ecosistemas e das súas especies, decidiu unirse á Campaña de Apadriñamento de Pingüinos 2021-2022, levada cabo polo Exército de terra español, que colabora con ATADES (Asociación Tutelar Aragonesa de Discapacidad Intelectual). O alumnado de 2ºA xa apadriñou a Copito e o de 2ºB a Snupi! Ámbolos dous cursos xa contan co seu diploma de apadriñamento!

Se queres saber máis sobre esta campaña ou sobre como participar nesta iniciativa, clica no seguinte enlace!

https://ejercito.defensa.gob.es/unidades/Antartica/antartica/apadrinamiento/index.html

 



page | by Dr. Radut