Skip to Content

ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe, 18 de xuño, realizouse a entrega de premios aos gañadores/as do concurso organizado pola ANPA. Aquí tedes a galería de fotos.

ENCONTRO CON MARTA CABALEIRO

Hoxe como broche final despois de traballar durante todo o curso dentro do proxecto NamorARTE, tivemos unha charla por videoconferencia coa pintora Marta Cabaleiro. Os nen@s de terceiro charlamos con ela sobre o traballo e as súas obras. foi moi interesante e motivador e, dende o Centro, queremos agradecerlle a súa implicación co alumnado.

FRASES POLA CONVIVENCIA

Alumnos e alumnas de  2º, 5º e 6º de EP participaron no concurso organizado pola ANPA para promover o respecto e a convivencia. Neste vídeo podedes ver unha mostra das "Frases pola convivencia" realizadas. 

GRANXA-ESCOLA

  PRESENTACIÓN FEITA POLO ALUMNADO DE 5ºA


 

NAMORARTE DE GALICIA

Na aula de 4 anos B sentímonos orgullosos/as da nosa terra, da nosa lingua, da nosa xente, da nosa cultura, do noso "Bo Camiño" 

AXUDAS COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E MATERIAL

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o 8/06/2021 a convocatoria de becas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2021/2022. Polo tanto, a partir do 9 de xuño, ábrese un prazo de 10 días hábiles para presentar as solicitudes.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO/ANUNCIOS

RADIO FURELO. 3 ANOS B

Emisión do 7 de xuño: "O que máis me gusta facer no Cole", por 4º de infantil B.

CALENDARIO ESCOLAR 2021/22

Publicado no DOG (04/06/21) o calendario escolar para o curso 2021/2022

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realízase do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.  

Días non lectivos:

- 11 (ensino) e 12 de outubro (Pilar).

- 1 de novembro (Santos).

- 6 (Constitución) e 8 de decembro (Inmaculada).

- Do 22 de decembro de 2021 ao 9 de xaneiro incluído (Nadal).

- Do 28 de febreiro ao 2 de marzo incluído (Entroido).

- Do 11 ao 18 de abril incluído (Semana Santa).

- 17 de maio (Letras Galegas).

- 26 e 27 de maio (Ascensión).  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22. O prazo remata o 22 de xuño (incluído)

Nota informativa: O Centro participará no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) para 5º e 6º no curso 2021/22. O alumnado matriculado neses cursos está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Máis información: Web Consellería            ANEXO I/ANEXO II       

HORTA ANPA

Ligazón á web da ANPA con imaxes do traballo que están a realizar.

AVISO FAMILIAS 2º, 3º e 4º PRIMARIA

Atención ás familias participantes no Proxecto ELISA! 

 

A segunda etapa do ELISA está en marcha, e require da vosa colaboración: 

O equipo ELISA préganos seguir participando cubrindo o cuestionario que se atopa en: https://underisk.gal/t/elisa/gal/test 

As familias participantes reciben instrucións específicas por e-mail. 

Pode acceder a toda a información sobre o proxecto vía facebook: www.facebook.com/proxectoELISA/ 

O RELEVO DE GALICIA

As nenas e nenos de 5ºA estudan o relevo de Galiza a través dunha canción. Cada quen escolle o ritmo ou música de fondo para cantala, aquí tedes un exemplo:

E aquí podedes escoitar unha recopilación das distintas cancións:

NamorARTE en galego

O alumnado do CEIP Ramón Cabanillas traballa a arte galega a través do Proxecto de Centro "NamorARTE en galego". Neste espazo atoparedes as obras de arte que os pequenos e pequenas artistas foron facendo ao longo do curso. 

RADIO FURELO. 3 ANOS A

Os pareados da semana das Letras Galegas. Por 4º de infantil A.

RADIO FURELO. 5º INFANTIL B

NAMORARTE

DE GALICIA

 

EDICIÓN DE

4 ANOS B

 Minuto 1:08

RADIO FURELO. SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Os nenos e nenas de 4 anos A recítando un cachiño da poesía de Rosalía "Parece unha Rosa"

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

XELA ARIAS. BIOGRAFÍA ED. INFANTIL

 

XELA ARIAS. BIOGRAFÍA ED. PRIMARIA

 
QUIZ INFANTIL   QUIZ PRIMARIA
 
Distribuir contido


by Dr. Radut