Skip to Content

Voz Natura

HORTO ESCOLAR

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º xa teñen o seu propio horto, nel plantaron xa verduras e hortalizas de tempada, coidarano e observarán o crecemento das plantas ata a súa recolleita.

SALVEMOS O PLANETA

SEMANA POLO CLIMA

Ao longo da semana do 23 ao 27 de setembro realizamos diferentes actos de concienciación mediambiental; o luns gardamos un minuto de silencio, o martes vestimos unha camiseta verde, o mércores fomentamos o espíritu crítico a través de videoforums, o xoves elaboramos carteis e o venres fixemos un alto no recreo para dar unha advertencia máis ante o cambio climático do Planeta amosando as nosas mensaxes.                                                                                                 

PLANTACIÓN

Continuamos coa plantación de primavera. Os nenos e nenas de 1º e 2º plantaron, coa axuda de Brais de 4º, begonias e tagetes.

CHARLAS DIDÁCTICAS

Dende o luns 11 ata o mércores 13 de febreiro todo o alumnado do Centro asistiu ás charlas sobre a prevención de incendios, organizadas por Voz Natura e a Garda Civil de Brión (dentro do Plan Director) sobre a prevención de incendios e protección da natureza.

DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES

Para conmemorar o "Día Mundial dos Bosques" realizamos unha plantación na que queremos agradecer a axuda da ANPA, do Concello de Santiago (que realizou a plantación no terreo a carón do Centro), Voz Natura e a Nosa Enerxía (Cooperativa Galega de Enerxía) que cedeu algunhas árbores de parte de Diego del Río de 6º de infantil A.

DÍA DA ÁRBORE 2016

P L A N T A C I Ó N A B R A Z A  U N H A  Á R B O R E

HORTO URBANO

Información publicada no xornal "La Voz de Galicia" do xoves, 30 de abril.

ENTREGA PREMIO

No festival e acto de clausura das actividades de Voz Natura celebrado en Acea de Ama foi entregado o premio da provincia de A Coruña ao CEIP Ramón Cabanillas polo seu traballo sobre a recuperación das brañas do Sar.

PREMIO

O Comité Científico do Programa Mediombiental "Voz Natura" concedeu o Premio Provincia de A Coruña ao noso Centro polo traballo realizado baixo o título "Salvemos o Río Sar e as súas brañas".

O premio será entregado o sábado, 7 de xuño, no Parque Deportivo de Acea de Ama, Culleredo.

PARABÉNS A TODAS E TODOS!       

<<<Ligazóns coa nova publicada e a reportaxe do xornal "La Voz de Galicia">>>

SALVEMOS O SAR

LIMPEZA DO RÍO SAR (II)

Segunda xornada de limpeza nas Brañas do Sar, por parte de alumnos/as de 5º de Primaria e de 6ºA.

LIMPEZA DO RÍO SAR

Xornada de limpeza no entorno do Río Sar por parte da clase de 6ºB do CEIP Ramón Cabanillas e de alumnos/as de 1º da ESO do IES de Sar.

DÍA DA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore realizouse unha plantación no recinto escolar por parte de alumnos/as de Infantil e 3º de primaria.

Información publicada da edición impresa de La Voz de Galicia do 15 de marzo
 
Distribuir contido


by Dr. Radut