Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Estimadas familias:

Informamos que as solicitudes de admisión presentadas para o alumnado de Educación Infantil para o vindeiro curso están todas admitidas, mestres que as solicitudes de admisión para os cursos de Educación Primaria non foron admitidas. 

Podedes consultar as listaxes definitivas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

A dirección.

PROGRAMA VOZ NATURA: ANÍMATE A RECICLAR AO RITMO DESTA CANCIÓN!!

Dentro do programa VOZ NATURA o alumnado,  en colaboración coa coordinadora do programa e profesor de música,   prepararon e ensaiaron moito para amosarvos esta magnífica canción, homenaxeando a Concha Velasco, para que vos animedes a reciclar. ANIMÁDEVOS!!!!

 

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO.

Estimadas familias:

Foi un auténtico pracer escoitar da man dos avós, avoas...as súas historias, experiencias persoais, contos...Unha actividade que encheu os nosos corazóns de nostalxia e de moito agradecemento por poder compartir con vós esta semana adicada ao libro. 

PROGRAMA VOZ NATURA 2023-2024

Este curso escolar para seguir coa actividade do programa VOZ NATURA,  tivemos a sorte de contar co alumnado de xardinería do CEE López Navalón. Xunto a eles poidemos disfrutar dunhas mañás de moita aprendizaxe onde sementamos plantas, preparamos o horto e plantamos unhas leitugas que esperamos estean boísimas. Deixamos un resumo da actividade no seguinte vídeo.

DÍA DA TERRA

Se queres saber canto coñeces sobre a reciclaxe aquí tes este Kahoot. 

                                                          cicla no enlace: https://create.kahoot.it/share/dia-da-terra/68bc3bb3-c483-4ef5-8f72-6f384c93a916

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Estimadas familias:

Informamos que as solicitudes presentadas para a etapa de Educación Infantil foron todas admitidas, mentres que as de Educación Primaria  non están admitidas.

A dirección.

DÍA DO AUTISMO

CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER.

O día 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER. No centro realizáronse diferentes actividades é aquí unha pequena mostra.

 

SAÍDA AO PARLAMENTO

O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou unha saída ao Parlamento.

 

CHARLA PARA INFANTIL. ACTIVIDADE DA ANPA

O alumnado de Educación Infantil tivo hoxe unha charla moi interesante sobre o coidade bucodental. Esta actividade foi realizada grazas a ANPA.

 

ACTIVIDADE VOZ NATURA.

Este curso imos contar coa colaboración do alumnado de xardinería do CEE Navalón de Santiago para realizar as actividades de Voz Natura sobre o horto. Nesta primeira parte estamos cos semilleiros e diso encargáronse os alumnos e alumnas do 1º ciclo de Primaria.

ACTIVIDADE UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE.

O alumnado de 4º de Primaria tivo a sorte de poder realizar un obradoiro de óptica. Unha actividade para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Unha actividade de colaboración e materia de igualdade de xénero entre o Concello de Santiago e a Universade (USC)

SAÍDA Á FUNDACION ABANCA

O alumnado de 6º realizaou unha saída a sede da Fundación ABANCA para ver unha obra de teatro en inglés: Trouble in the jungle.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

Co motivo do inicio no mes de marzo do  período de admisión,  queremos convidarvos a unha sesión de portas abertas.

A dirección. 

Podedes facer un pequeno percorrido virtual polo noso colexio e saber como se traballa na etapa de infantil clicando aquí.

Os servizos complementarios que ofrece o centro son:

  • Transporte.
  • Servizo de madrugadores por parte do Concello.
  • Comedor escolar por parte do Concello.
  • Actividades extraescolares xestionadas pola ANPA.

VÉMONOS O 27 DE FEBREIRO, ÁS 17:00H!

ENTROIDO 2024

Estimadas familias:

O venres 9 de febreiro celebraremos o Entroido. Se as condicións climatolóxicas nolo permiten, realizaremos un pequeno desfile ás 11:45h ao igual que o curso pasado. Se clicades na imaxe veredes os mandatos do Meco ou tamén no arquivo adxunto.

A dirección.

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2024.

Co motivo da celebración do Día da Paz deixamos aquí un vídeo elaborado polo alumnado de sexto de primaria A. En breve subiremos o acto celebrado.

 

 

 

CHARLAS PLAN DIRECTOR. O PERIGO DAS REDES E INTERNET

O luns 15 de xaneiro, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria tivo as charlas enmarcadas dentro do Plan Director sobre o perigo das redes e internet.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

       

Clica na imaxe para acceder directamente ao documento.

 

 

PRAZAS PARA O CURSO 2024-2025

 

 

RESERVA (*)

VACANTES

TOTAL

SOLICITUDES

4º Educación Infantil

6

40

40

27

5º Educación Infantil

 

10

10

 1

6º Educación Infantil

0

0

 

1º Educación Primaria

0

0

0

 1

2º Educación Primaria

 

0

0

 

3º Educación Primaria

0

0

 1

4ºEducación Primaria

0

0

 

5ºEducación Primaria

0

0

 

6ºEducación Primaria

6

6

 

 

(*) Prazas reservadas para alumnado con NEAE, aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA CURSO 2024-2025

Clica aquí para acceder á información da Consellería.

Comezo do prazo de reserva para o alumnado de sexto de Educación Primaria nos centros IES de Pontepedríña e IES de Sar,  para o curso 2024-2025.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO, ambos inclusive.

Modalidades de presentación de solicitudes:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro 

           ANEXO I, en galego

           ANEXO I, en castelán

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital ademais deberá achegar á sede electrónica o anexo bis dixitalizado.

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada,  presencialmente no centro. Tedes para descargar e imprimir o anexo nos documentos adxuntos.

 A directora.

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: CONCILIA ENTROIDO.

Estimadas familias:

O Concello de Santiago pon en marcha o "Concilia Entroido".  Prazo de inscrición e matrícula entre os días 15 a 19 de xaneiro de 2024,  ambos dous incluídos.

No ficheiro adxunto recóllese toda a información: destinatarios, prazos, horarios, inscrición...

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut