Skip to Content

Mércores 12 de xuño: regreso a Boiro

Rematadas as labores de mantemento no servidor da Xunta, xa volvemos ter a páxina operativa. 

Día de sol radiante en Cabárceno e que nos acompañará ao longo da viaxe ata León. Almorzo, foto de grupo ás portas do albergue e despedida de Vanesa, a monitora do noso grupo. Ás 10:00h arrancamos cara a Toledo. Faremos unha paradiña antes de chegar a Osorno. Para estirar as pernas.

A León chegamos á hora prevista. Unha vez visitada a Catedral e despois de mercar algún recordo nas tendas próximas, dirixímonos a McDonald's, donde lle tíñamos preparadaa sorpresa de comer alí. Pasárono en grande, polo que retrasamos a saída con respecto a marcada no programa. Saímos ás 16:30, polo que a hora de chegada a Boiro tamén e vai demorar, calculamos que será arredor das 21:30 horas, pois aínda faremos unha parada na área de servizo de Guitiriz para merendar..



page | by Dr. Radut