LETRAS GALEGAS EN FAMILIA NO PXB

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a área de Música, contando coa colaboración de moitas das familias do CEIP Praia Xardín, realizamos esta curta.

Agradecemos enormemente a todas as familias pola súa participación e polo mimo e agarimo que puxeron nos vídeos.

Agardamos que vos guste.