LIBROS DE TEXTO 2021/2022

Achégase a lista de LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/2022.

 

FELICES FESTAS E FELIZ 2021!!

 

 Desde o CEIP Praia de Quenxe queremos desexarvos un Feliz Nadal.

Adxuntamos AQUÍ un vídeo cos mellores desexos do noso alumnado.

Feliz 2021!

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Publicado no DOG o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21

  • Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
  • Unha vez publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Prazo de fomalización da matrícula en Infantil el Primaria: do 1 ao 10 de Xullo
  • Os documentos de solicitude pódense descargar máis abaixo, en ADXUNTOS, ou recoller no propio centro.

ACCESO AO DOCUMENTO COMPLETO

NOTA: A partir do 11 de maio haberá un membro do equipo directivo no centro en horario de mañá. O horario para a atención ao público será de 10:30 h a 13:30 h de luns a venres. Aconséllase pedir cita por teléfono (881880532)

TRÍPTICO INFORMATIVO CEIP PRAIA DE QUENXE

 

ENTROIDO: ORDEN DE ACTIVIDADES.

O venres 21, a organización será a seguinte:

 

SE CHOVE

10:00 Recibimento na casa da cultura.

10:00 a 10:40 Vestimenta por parte do alumnado de primaria, que infantil xa ven preparado da casa.

10:40 Apertura de portas ás familias, que pasarán ao salón de actos.

11:00 Desfile e actuacións de cada grupo. Levarase a cabo da seguinte forma:

-  EScola Infantil municipal.

-  Ciclo de Ed. Infantil. Copla "Os pastores de Quenxe".

-  1º e 2º de Ed. Primaria. "Músicos de Corcubión" (Base musical: Xota delira de Xabier Díaz)

-  3º de Ed. Primaria. " O señor da serra".

-  4º e 5º de Ed. Primaria. "Apicultores de Quenxe" (Base musical: Xota de Vilar")

-  6º de Ed. Primaria. "Palillei".

12:00 - 12:10 SORTEO DUNHA BICICLETA  a cargo da ANPA Alén

12:10 - 12:45 MERENDA coa colaboración da ANPA Alén. Recordamos que queda totalmente prohibido entrar con comida e bebida nos salón de actos.

12:45 - 13:30 XOGO, TERTULIA E GUATEQUE.

SE NON CHOVE

10:00 Recibimento na casa da cultura.

10:00 a 10:40 Vestimenta por parte do alumnado de primaria, xa que infantil xa ven preparado da casa.

10:40 Desfile polas rúas de Corcubión ata voltar á casa da cultura para facer as actuacións, na mesma orde que a indicada arriba.

Unha vez finalizadas, toca o sorteo e a ansiada merenda, ata que remate a xornada ás 13:30.

Lembrade:

- En caso de marchar antes de que finalice a xornada, é necesario avisar ás titoras e asinar unha autorización.

-  É preciso traer tazas ou vasos reutilizables para poder tomar as bebidas ofrecidas pola ANPA.

Agardamos que desfrutedes moito do festival e pasedes un feliz entroido.

Esta actividade realízase coa colaboración do CONCELLO DE CORCUBIÓN

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO.

21/02/2020 10:00
21/02/2020 10:00
Europe/Madrid

 

Estimadas familias:

 

O vindeiro VENRES 21 DE FEBREIRO, o CEIP Praia de Quenxe, xunto coa Gardería Infantil Municipal de Corcubión, celebraremos o Festival de Entroido na Casa da Cultura do Concello, evento ao que INVITAMOS a toda a comunidade educativa.

 

Para este día precisamos a aportación das familias, como viñemos facendo os últimos anos. Pedimos que cada neno/a aporte uns pouquiños (2 ou 3 unidades) doces de entroido para ese día (filloas, orellas, rosquillas...). Debedes levalos directamente á casa da cultura pola mañá e a ANPA encargarase de organizalos para que todos/as poidades degustalos o día da celebración. Se fose posible, facédeos chegar en envases de usar e tirar ou poñédelles o nome a tódolos utensilios que enviedes para facilitar a devolución.

 

Queda totalmente prohibido entrar con comida ou bebida no salón de actos da Casa da Cultura.

 

Si é posible, habilitarase para a degustación a mesma sala empregada durante o festival de Nadal.

 

Para levar a cabo este programa cóntase cunha redución de xornada autorizada (10:00-13:30).

 

Ao remate da xornada (13:30h) o alumnado, segundo corresponda, dirixirase ao autobús en compañía do profesorado para asistir ao comedor ou ben poderán marchar cos seus responsables directamente desde a casa da cultura, sempre avisando aos mestres responsables (titores).

 

En caso de marchar antes de que finalice toda a xornada, é necesario firmar unha autorización de saída.

 

O horario de comedor será como de costume. E a continuación, haberá servizo de biblioteca.

 

Na vindeira semana enviaremos o programa co horario e orde de actuacións.

 …………………………

ROGAMOS, que as familias se coloquen da oitava fila para atrás e que non invadan o corredor central para non interferir o normal desenvolvemento da actividade. Grazas.

 …………………………

 

Aproveitamos para desexarlles un feliz entroido.

 

 

 

Equipo de mestres do CEIP Praia de Quenxe.

 

 

CONVOCATORIA DA ANPA ALÉN

31/01/2020 11:00
Europe/Madrid

Estimadas Familias:

A anpa ALÉN quere sumarse a unir esforzos para reinvindicar un servizo de pediatría de calidade. Temos que estar todas e todos a unha con esta demanda xusta e necesaria

Que non xoguen coa saúde das nosas fillas e dos nosos fillos.

Participade na concentración convocada para este venres en Fisterra.

VENRES 31 XANEIRO

11:00h

PRAZA DO CONCELLO - FISTERRA

Xúntase, no pdf, o orixinal da convocatoria enviado pola ANPA  para a súa difusión. 

VISITA DO APALPADOR O VINDEIRO XOVES, 19

Grazas á mediación e organización da nosa ANPA Alén, o vindeiro xoves, 19 de decembro, recibiremos, tanto na Escola Infantil Municipal como no CEIP Praia de Quenxe, a visita do Apalpador, que traerá sorpresas para todas e todos e ao que poderemos entregar as cartas coas nosas peticións para este Nadal e o ano que entra. 

Pola mañá irá pola Escola Infantil Municipal, arredor das 12:00h.,  e esperámolo no colexio para as 13:10h. aproximadamente. Tódalas crianzas do colexio o recibirán no ximnasio do colexio e lle darán as cartas coas súas peticións. 

Tamén este xoves entregaremos os boletíns trimestrais.

Aproveitamos para lembrar que o venres deberedes traer ao festival as vosas tazas ou vasos reutilizables, para contribuir co propósito de residuo 0 que comezou este curso. 

Moitas grazas a todos e todas, e un saúdo. 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

Estimadas familias:

 

O vindeiro venres 20 de decembro, ás 10:00h., estaremos agardándovos na casa da cultura para celebrar o festival de Nadal. 

As titoras agardarán, xa alí, polo seu alumnado e dous mestres de garda encargaranse de recoller aos usuarios de autobús na Praza Castelao e conducilos ata a Casa da Cultura. 

Se alguén quere levar aos nenos/as antes de que remate o festival (13:15h. aproximadamente), deberá asinar a correspondente autorización e avisar á titora. 

 

A orde das actuacións será a seguinte:

1. Presentación da gala: O alumnado de 6º curso, para presentar a función, prepararon unha obra de teatro coa que nos presentarán as actuacións de todo o alumnado.

2.  Escola infantil municipal: "Burrito sabanero"

3. Ciclo de infantil: " "Fálame ben baixo"

4.  Actuación musical de 1º, 2º, 3º e 4º: "I wanna wish you a merry christmas".

5.   5º Ed. Primaria: Obra de teatro: "O mellor día de Reis de Ana. "

DESCANSO

6..  1º, 2º, 3º E 4º: Fragmento do musical "O Rei León"

7.  5º Ed. Primaria: Actuación musical "Happy Christmas".

8.  6º Ed. Primaria: "Blues de Nadal".

9.  Sorteo de rifas da ANPA. 

10.  Todo o colexio: "O meu Nadal perfecto"

Atentamente

O equipo de actividades complementarias e extraescolares. 

 

 

POSTAIS DE NADAL

Dende a biblioteca, propóñennos a nova actividade de Nadal. Pedimos a vosa colaboración para reuperar o tradicional envío de postais de Nadal co noso alumnado. Atopareded as instruccións nos daros adxuntos. 

CONVOCATORIA DA ANPA ALÉN

ANPA ALÉN

Ceip Praia de Quenxe

 

Estimados pais e nais:

Coa elección da nova directiva acabamos de iniciar outra etapa na ANPA ALÉN. a nosa intención é abrir un tempo novo no que, coa vosa colaboración, poidamos afrontar retos ilusionantes. Precisamos dunha ANPA forte para acometer melloras no día a día da comunidade escolar. Queremos contar con todos e todas para que xuntos poidamos lograr esos avances que, a bo seguro, redundarán nun beneficio común. 

Por iso, convocámosvos a unha xuntanza o VINDEIRO MÉRCORES DÍA 13 para que sexades parte deste proxecto. Queremos coñecer as vosas inquietudes, pero tamén dar a coñecer os beneficios que terá o feito de pertencer á ANPA ALÉN. Sabedores dos problemas que moitos e moitas podedes ter para conciliar esta xuntanza coa vosa vida familiar e laboral, optamos por facer dúas convocatorias para que a maior cantidade posible de pais e nais esteades presentes. 

As dúas citas serán:

 

Pola mañá na BIBLIOTECA DO COLEXIO ÁS 09:15h.

Pola tardiña na CASA DA CULTURA ás 20:15h. 

 

Orde do día:

 

1.  Presentación e aprobación da nova directiva e novos Estatutos. 

2.  Campaña de captación de novos socios da ANPA. Vantaxes do novo carné. 

3.  EStado de contas da entidade. 

4.  Obxectivos a conseguir neste curso escolar. 

5.  Rogos e preguntas. 

 

Sen máis, recibide unha cordial aperta.

 

ANPA ALÉN

Corcubión, 8 de novembro de 2019

Distribuir contido