Celebracións

ENTROIDO 2023

O noso Entroido: os ENTRUIDOS

Estimadas Familias:Programación Especial Entroido 2020 - Blog DomusVi

Este venres 17 de febreiro imos celebar o Entroido cun desfile dos nosos “entruidos” polas rúas de Corcubión. Este evento realizarase do seguinte xeito:

• 09:15h_ O colexio empezará á mesma hora de sempre. O alumnado acudirá ao centro xa disfrazado da casa e con uns pouquiños doces de entroido tal como se indica máis abaixo.

• 10:00h_ O alumnado de primaria sairá andando desde o colexio ata a Praza. O alumnado de infantil irá no bus escolar ata a Praza

• 10:15 (aprox)_ Unha vez na praza, todos xuntos iniciaremos o percorrido polo pobo, de tal xeito que o alumnado da gardaría se unirá ao desfile na “Plazoleta”.

• 11:00h_Rematado o desfile no mesmo punto no que se iniciou, o alumnado de primaria voltará andando ao colexio e os nenos/as de infantil voltarán no bus escolar.

Unha vez cheguemos ao colexio todo o alumnado disfrutará dunha merenda na que todos/as compartirán os seus doces de entroido. É dicir, para ese día precisamos unha pequena aportación das familias, de tal xeito que cada neno/a traerá ese mesmo día da súa casa uns pouquiños doces (2 ou 3 filloas, ou rosquiñas, ou orellas, …). Trátase de que proben os doces elaborados polos seus compañeiros. Se alguén non pode traer nada ese día ou se olvida, que non se preocupen, porque desde o centro imos aportar o chocolate quente algúns doces máis.

Ao remate da merenda teremos unha pequena xornada de xogos populares na que participará todo o alumnado.

30 de Xaneiro: Día Escolar pola Paz e Non Violencia

Hoxe celebramos no cole o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia con actividades nas que teñen participado todos os cursos.

O obxectivo didáctico que perseguimos con esta celebración é procurar que os nosos alumnos e alumnas cheguen a ser no día de mañá cidadáns e cidadás que promovan na vida unha cultura de paz.

Para axudar a esta celebración creei estes xogos que quero poñer aquí á vosa disposición. Abonda con que premades na imaxe e o xogo abrirase nunha nova xanela.

Quiz sobre os Premios Nobel da Paz

 

Series Día da Paz

 

Día da Paz. Atención 1

 

Bo Nadal!!

Dende o Departamento de Orientación do noso cole pedimos para o aninovo que podamos seguir xuntos andando camiños, salvando obstáculos e rachando barreiras.

Bo Nadal!!

Felicitación Nadal DO Corcubión

25-N Día pola eliminación da violencia de xénero

O 25 de novembro de 1960 na República Dominicana  as irmás Mirabal, Patria, Minerva e Mª Teresa, que loitaban pola liberdade política no seu país foron asasinadas por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo.  

O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A ONU convidou a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gubernamentais a organizar actividades dirixidas a sensibilizar á poboación en xeral no tocante a este problema.

A violencia de xénero é unha forma moi dura de discriminación pero o peor é que mesmo pode chegar a matar, a facer que unha muller ou unha nena falten na súa casa, na súa familia, pola mera circunstancia do seu xénero, por un acto machista.

As mulleres debemos ter liberdade para poder saír, entrar, pasear, festexar, opinar, … sen que ninguén crea que pode reprimirnos, gobernarnos, ou directamente eliminarnos.

Podedes decargar o documento adxunto editado polo Ministerio de Igualdade que axuda a recoñecer os primeiros signos de maltrato e tamén orienta sobre que facer a continuación.

Querémonos vivas e libres!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

20 anos do "Prestige"

O buque Prestige, cargado con 77.000 toneladas de fuel, naufragaba frente á costa de Fisterra o 13 de Novembro de 2002.

Pedía axuda cunha rotura no seu casco pola que o fuel empezaba a saír ao mar. As autoridades españolas mostraron unha indecisión pola que non foron quen de actuar de xeito que se lograse impedir a catástrofe e 6 días despois, o 19 de Novembro, o Prestige partíase en dous e afundía a uns 250 km da nosa costa.

Isto provocou non unha, senón ata 4 mareas negras, e o chapapote emporcallou as nosas praias, matou a nosa fauna e empobreceu a economía da nosa xente do mar e, por conseguinte, a de todos.

Este desastre ecolóxico chegou mesmo ás costas portuguesas e francesas.

Calcúlase o custo das consecuencias do naufraxio do Prestige en máis de 4.000 millóns de euros. Meditade un momento nesa cifra, neses cartos, dá vertixe, nonsí?

Creei este vídeo interactivo con información sobre esa catástrofe para que o lembremos e aprendamos desa tráxica experiencia. Nel atoparedes varias actividades para desenvolver.

Nunca Máis!!

Distribuir contido