Audición e Linguaxe

Conciencia fonolóxica -2

Moi bo día a todas e todos!!

 

Para despedirnos deste curso, aquí vos deixo outras actividades de conciencia fonolóxica, para seguir repasando e reforzando a aprendizaxe lectoescritora, relacionadas coas vacacións de verán.

 

Espero que vos gusten moito e que gocedes moito das vacacións!!!

 

Estou moi contenta, traballáchedes todas e todos moito, vós os primeiros/as e, tamén, os vosos papás e mamás que estiveron colaborando un montón.

 

Feliz verán a todas e todos!!

 

Se vos apetece xogar, pulsade na seguinte imaxe, na frecha que hai na parte superior dereita e descargade o powerpoint, se podedes, mellor nun ordenador:

 

Unha aperta enorme para todas e todos!!

Conciencia fonolóxica -1

Moi bo día a todas e todos!!

 

Hoxe imos facer un pouquiño de conciencia fonolóxica, base na aprendizaxe da lectoescritura, a través dunha historia... "Unha tarde na feira".

 

Tedes que descargar este Power Point, pulsade na frecha que hai na esquina superior dereita e dende aí podédelo baixar ao ordenador... logo, a xogar!!

 

Espero que vos guste!!

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha forte aperta para todas e todos!!

Atención e memoria visual -1

Bos días a todas e todos!!

Hoxe imos facer unha actividade de atención e memoria visual que vainos reforzar os procesos cognitivos básicos. Tedes que observar o debuxo da lámina durante un minuto e, logo, contestar ás preguntas que se vos plantexan, sen mirar a lámina de novo, non podedes facer trampa! Atrevédevos a probar?

Vai dirixido a 1º-3º de educación primaria. Se algún de ed. infantil, ten a axuda dun adulto, tamén pode facelo.

Ao rematar a actividade, tedes que pulsar no botón "terminado". Despois, pediravos o voso nome e curso e dádelle a enviar.

 

Pulsade na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha forte aperta para todas e todos!! 

Vocabulario animais -1

Moi bo día a todas e todos!!

Empezamos semana traballando un pouquiño de vocabulario de animais, a través dunha pequena descrición. Así traballamos, a parte disto, a comprensión lectora dunha maneira sinxeliña.

Podedes facelo dende ed. infantil, se aínda non ledes coa axuda dun adulto, ata 1º de educación primaria.

Ao rematar a actividade, tedes que pulsar no botón "terminado". Despois, pediravos o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Coñecedes a estes animais?

 

Facede clic na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha forte aperta para todas e todos e bo inicio de semana!!

Sons iniciais -2

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos repasar o son inicial das palabras, as correspondencias grafema-fonema. Nun tren vannos aparecer as letras que temos que buscar e, polo ceo, van voando globos con imaxes. Temos que pinchar o globo para que caiga no vagón que queremos. Por exemplo, se no vagón do tren aparece escrito unha “S” e hai un globo que ten unha imaxe que empece polo son “S”, pincharémolo para que caiga nese vagón. Se ides acertando, o tren cada vez vai máis rápido, e tamén os globos voan máis rápidos, así que tedes que estar moi atentos. Cada nivel que pasedes é máis difícil. Animádevos a probar?

Facede clic na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Descrición de personaxes -2

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos seguir instrucións de descricións de personaxes, neste caso de cociñeiras e cociñeiros. Xa falamos da importancia do seguimento de instrucións en entradas anteriores, así que imos seguir repasándoo. En relación a descrición, dicir que é outro aspecto que nos fai traballar, entre outras cousas, a comprensión, a memoria e o vocabulario.

Así que, estade moi atentos.  Pinchade no altavoz e escoitade o que vos di. Logo, tedes que arrastrar a imaxe correspondente ao seu lugar.

Ao rematar a actividade, tedes que pulsar no botón "terminado". Despois, pediravos o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Espero que vos guste!

Pulsade a seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

 

Teoría da mente

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos empezar a semana, traballando a teoría da mente. Fundamentalmente, entre outras cousas, axúdanos a "poñernos no lugar do outro" e así regular o noso comportamento, para entender o que din e fan os outros temos que poñernos no seu lugar, axuda a manter boas relacións interpersoais, a comunicarnos e a cooperar cos outros.

A ver que tal se vos da! Cando rematedes, pulsade no botón de terminado, poñede os voso nome e curso e dádelle a enviar.

 

Pulsade na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

Memoria auditiva 3

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe déixovos un enlace para repasar a memoria auditiva, da que tamén falamos, moi importante para mellorar a adquisición da lectoescritura, entre outros aspectos. Está indicada, sobre todo, para alumnado de 1º-2º de educación primaria. Se non sodes capaces de lembrar o que escoitades... que credes que pasa? Seredes capaces de seguir ordes ou instrucións que teñades que facer ou costaravos saber por onde empezar?... Claro! Sería máis difícil, verdade? Así que, aquí tedes un pequeno xogo para traballar a memoria auditiva.

Memorizaredes as tres palabras que ides escoitar? Seguro que si! Cando rematedes, pulsade no botón de "¡terminado!", logo cubride o voso nome e curso e dádelle o botón de enviar.

 

Facede clic na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

Discriminación R suave - R forte -1

Moi bos días a todas e todos!!

Hoxe imos xogar coa discriminación de R suave e R forte. Temos que pensar como soa ese son dentro da palabra e, despois, elixir se o R está a soar suave ou forte. Isto axudaranos a evitar cometer erros ao escribir. Esta discriminación é o primeiro paso para saber discriminar, axudándonos da norma, se unha palabra ten R ou RR.

Animádevos a probar? 

 

Pulsade na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!

Discriminación SE-CE 1

Moi bos días a todas e todos!!

Hoxe imos xogar a adiviñar se as imaxes que van aparecendo teñen con SE ou CE. Seredes capaces de facelo? Seguro que si!!!!

Ás veces, confundimos estes dous sons, por iso, é bo facer un repasiño para ver se xa o temos superado e que cando escribamos, non nos confundamos de letra ao escribir unha palabra. Por iso, é importante traballar a discriminación auditiva de sons e saber diferencialos correctamente.

Animádevos a probar?

Facede clic na seguinte imaxe:

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha forte aperta para todas e todos!!

 

Distribuir contido