ANPA

Xuntanza ANPA

Nova Directiva da ANPA ALÉN

ELECCIÓNS ANPA ALÉN

PROGRAMA MADRUGADORES

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DA ANPA

A continuación, suscríbese literalmente comunicado que nos fan chegar dende a ANPA ALÉN:

 

Estimadas familias:

En vista das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para facer frente ao avance do Coronavirus. 

Anulamos todas nosas actividades até novo aviso. 

Esta decisión tomámola por responsabilidade e por prudencia. 

Actuemos sen alarmismo, mais con responsabilidade. Aplicando as medidas que nos recomendan dende os organismos oficiais. 

 

Un saúdo. 

                                                                                           anpa ALÉN

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS E CURSO DE SEGURIDADE VIAL

A anpa ALÉN vai levar ao alumnado (a partir dos 6 anos) a visitar ao Parque de Bombeiros o 6 de abril (a visita durará aproximadamente hora e media que será pola mañá nunha hora a determinar da cal informaremos en canto teñamos pechado)

A data límite para inscrición será o luns 16 de marzo e será de balde para todas e todas. (VER ANEXO para máis información)

Así mesmo, a anpa ALÉN tamén ofrece un curso de Seguridade Vial que será impartido pola Garda Civil no Pavillón Municipal de Corcubión para toda a Comunidade Escolar o día 20 de Marzo (Horario pola mañá a determinar, o curso dura aproximadamente 90 minutos)

A data límite para inscrición será o mércores 11 de marzo.(VER ANEXO para máis información)

VISITA DO APALPADOR O VINDEIRO XOVES, 19

Grazas á mediación e organización da nosa ANPA Alén, o vindeiro xoves, 19 de decembro, recibiremos, tanto na Escola Infantil Municipal como no CEIP Praia de Quenxe, a visita do Apalpador, que traerá sorpresas para todas e todos e ao que poderemos entregar as cartas coas nosas peticións para este Nadal e o ano que entra. 

Pola mañá irá pola Escola Infantil Municipal, arredor das 12:00h.,  e esperámolo no colexio para as 13:10h. aproximadamente. Tódalas crianzas do colexio o recibirán no ximnasio do colexio e lle darán as cartas coas súas peticións. 

Tamén este xoves entregaremos os boletíns trimestrais.

Aproveitamos para lembrar que o venres deberedes traer ao festival as vosas tazas ou vasos reutilizables, para contribuir co propósito de residuo 0 que comezou este curso. 

Moitas grazas a todos e todas, e un saúdo. 

 

 

CONVOCATORIA DA ANPA ALÉN

ANPA ALÉN

Ceip Praia de Quenxe

 

Estimados pais e nais:

Coa elección da nova directiva acabamos de iniciar outra etapa na ANPA ALÉN. a nosa intención é abrir un tempo novo no que, coa vosa colaboración, poidamos afrontar retos ilusionantes. Precisamos dunha ANPA forte para acometer melloras no día a día da comunidade escolar. Queremos contar con todos e todas para que xuntos poidamos lograr esos avances que, a bo seguro, redundarán nun beneficio común. 

Por iso, convocámosvos a unha xuntanza o VINDEIRO MÉRCORES DÍA 13 para que sexades parte deste proxecto. Queremos coñecer as vosas inquietudes, pero tamén dar a coñecer os beneficios que terá o feito de pertencer á ANPA ALÉN. Sabedores dos problemas que moitos e moitas podedes ter para conciliar esta xuntanza coa vosa vida familiar e laboral, optamos por facer dúas convocatorias para que a maior cantidade posible de pais e nais esteades presentes. 

As dúas citas serán:

 

Pola mañá na BIBLIOTECA DO COLEXIO ÁS 09:15h.

Pola tardiña na CASA DA CULTURA ás 20:15h. 

 

Orde do día:

 

1.  Presentación e aprobación da nova directiva e novos Estatutos. 

2.  Campaña de captación de novos socios da ANPA. Vantaxes do novo carné. 

3.  EStado de contas da entidade. 

4.  Obxectivos a conseguir neste curso escolar. 

5.  Rogos e preguntas. 

 

Sen máis, recibide unha cordial aperta.

 

ANPA ALÉN

Corcubión, 8 de novembro de 2019

ANPA ALEN

A nova xunta directiva da ANPA ALEN está constituída polos seguintes cargos:

 

PRESIDENTA           Mª Jesús López Haz        

VICEPRESIDENTE:   Rubén Sánchez Galán  

SECRETARIA:           Sandra Raquel Andrade Lago

TESOUREIRA:     Raquel Blanco García

VOGAIS:                    Alexandre López Romero

                                  Xosé Henrique Rodríguez Portela

                                  Susana González Santos

                                  Francisco Xosé Hermida Abelleira

 

                                

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Estimadas familias:

 

Peón, Buxaina, Trompo...

Diferentes nomes para un mesmo xogo.

 

A Anpa Alén, na súa teima por recuperar o xogo tradicional, vai celebrar un ano máis o "Día do Peón".

A idea é "prender a mecha" para que non se perda este tipo de xogos que xa se xogaban en tempos dos nosos avós, tataravós e máis alá.

Por eso pedimos que, este Mércores 13, o alumnado traia unha buxaina para xogar no recreo (esta Anpa entregará buxainas, como vén facendo até o de agora, ao alumnado novo).

Todas as familias estaredes invitadas a vir xogar cos vosos fillos/as. Para facelo, deberedes agardar ás horas do recreo, pola porta de acceso ao patio que está detrás do colexio (fronte ao polideportivo). Abriránsevos as portas para a entrada na hora dos dous recreos (o primeiro, ás 10:55h. e o segundo ás 12:55h.)

Saúdos e moitas grazas.

Anpa Alén

Distribuir contido