4º E.P.

Realizando Experimentos. Aprendendo da contorna

Deixovos a presentación que vos prometera, onde vos suxiro experimentos que podedes realizar vós na casa, con material accesible e pouco traballo...

Eso si, ao mellor manchamos un pouquiño.

Realizando experimentos e aprendendo da contorna

Espero que o pasedes moi ben realizando estas experiencias!!

Bo verán!

Colección de libros sobre natureza

Se vos gusta saber máis sobre árbores, plantas, fungos, insectos, aves, mamíferos, reptiles e anfibios, aqui tedes un enlace a unha imaxe interactiva onde podedes descargar unhas guias visuais de Editorial Omega.

Son lecturas moi interesantes para todos aos que lles guste a natureza. Non olvidemos que para coidar ben da natureza, temos que coñecela.

Unha aperta!

A Función de Relación, repaso de CCNN

Deixovos o enlace á presentación A Función de Relación.

É repaso e tamén amplia algunhas cousiñas que ides ter que aprender.

Espero que vos resulte moi útil.

Un saúdo

8 de xuño: Día Mundial dos Océanos

Hoxe é o Día Mundial dos Océanos.

O propósito deste Día é concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e  poñer en marcha un movimiento mundial ciudadano a favor dos océanos.

Este día quere movilizar e unir á poboación mundial sobre a importancia da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e menciñas e unha parte esencial da biosfera.

Para saber máis podes entrar na web das Nacións Unidas

Se queres facer unha viaxe virtual polo fondo dos océanos vai, desde o seguinte enlace, á web de The Ocean Agency

E se queres coñecer as historias de 10 mulleres pioneiras na oceanografía, podes descargar estas historias picando enlace.

Bos e profundos días!

Ciencias Sociais. Recanto de Historia. A prehistoria

Esta semana faremos un repaso de historia, recordando aspectos da prehistoria e ampliando algunha información máis que seguro que nos resulta moi interesante.

Pica no link da presentación para acceder a ela. RECANTO DE HISTORIA. A PREHISTORIA.

LIÑAS DE TEMPO CON TIMELINE

REGLAS BÁSICAS DE ORTOGRAFÍA en Genially...

Ola benqueridos alumnos e alumnas!

Hoxe traémosvos un recurso xenial para repasar ortografía castelán.

A presentación chámase REGLAS BÁSICAS DE ORTOGRAFÍA e nela podemos repasar calquera dúbida que nos xurda á hora de escribir.

Espero que vos sexa moi útil!

 

Saúdos

O corpo humano e a saúde

Como andamos de ganas de repasar ciencias de natureza?

Percibo moito interese, polo que esta semana vamos a recordar contidos e a coñecer algunha que outra curiosidade sobre o corpo humano e a saúde. Este é un dos temas máis importantes de CCNN, coñecer o noso corpo e coidalo é imprescindible para alcanzar un desenvolvemento pleno a nivel físico e psicolóxico.

Deixovos a presentación en Genial.ly

A presentación ten audio, que xa se escoita automáticamente, ten varios vídeos e texto que podedes ler ao pasar o rato por arriba das imaxes ou pinchando nelas. Ide visualizando e facendo as actividades no caderno.

Tamén tedes vídeos e xogos de repaso no noso Symbaloo, no que vou engadindo cousiñas novas cada semana, que son de visualización voluntaria pero recomendable.

Por certo, ide descargando os vídeos e as fotos de clase nos enlaces, porque os vou a eliminar este mes para cambialos por enlaces novos.

Apertas virtuais,

Araceli

Palabras con tilde

Como escribir un correo correctamente

Ola,

estou detectando certas dificultades nalgunhas persoas para enviarme as tarefas ao meu correo electrónico (profearacastro@gmail.com)

Para intentar mellorar esta situación realicei un pequeno titorial que, espero sexa de utilidade

Como escribir un correo correctamente

Bo fin de semana!

Araceli

Distribuir contido