2º E.P.

Actividades, propostas e novas para o alumnado de 2º de Educación Primaria.

Correo electrónico do profe Marcos

Ola.

Como xa sabedes, a partir de agora vou a ser o titor de segundo, continuando a labor de Martina.

Recordade que de aquí en diante, ides ter que mandarme o traballo a min, e para iso ou para calquera dúbida ou consulta que precisedes facer, podedes contactar conmigo a través de Abalar ou do meu correo:

marcos.praiadequenxe@gmail.com

 

Unha aperta,

Marcos.

O CORREO ELECTRÓNICO DA PROFE.

Para contactar conmigo, podedes facelo a través do abalar, ou ben no seguinte correo:

martinatrillo@edu.xunta.es

Aquí vos queda, por se precisades mirar. 

HORARIO DE AULA 2º EP

Para quen queirades guiarvos por un horario, aquí vos vai unha proposta/guía. Só por se a precisades. 

HORARIO DE AULA 2º EP

Actividades semana 8 ao 12 de xuño de 2020

Ola.

Deixo as últimas tarefas semanais do 8 ao 12 de xuño de 2020.

Recordade o meu correo para enviarmas: marcos.praiadequenxe@gmail.com

 

MATEMÁTICAS

Sesión 1:

Cálculo y operaciones: Ficha 24.

 

Sesión 2:

Resolución de problemas: Ficha 26

 

Sesión 3:

Tratamiento de la información: Ficha 12. Gráficos de barras.

Video explicativo:

https://www.youtube.com/watch?v=dcESfas6HBE

 

Sesión 4:

Resolución de problemas: Ficha 27

 

Sesión 5:

Tratamiento de la información: Ficha 13.

Repasa el video de la sesión pasada:

https://www.youtube.com/watch?v=dcESfas6HBE

 

 

LINGUA GALEGA

Sesión 1:

Competencia lectora: Tarefa 24.

 

Sesión 2:

Escritura: Ficha 13.

 

Sesión 3:

Obradoiro de ortografía: Ficha 24 e 25.

Ditado:

A auga da botella ten burbullas.

O hórreo está cheo de millo.

A miña avoa é taxista.

 

Sesión 4:

Obradoiro de xogos: Ficha 10.

 

Moito ánimo, estas son as últimas tarefas do curso!

Unha aperta.

Actividades semana 1 ao 5 de xuño de 2020

Ola.

Deixo as tarefas semanais do 1 ao 5 de xuño de 2020.

Recordade o meu correo para enviarmas: marcos.praiadequenxe@gmail.com

 

MATEMÁTICAS

 

Sesión 1:

Cálculo y operaciones: Ficha 22. Os dejo videos explicativos, por si sirven de ayuda. Recordad que los problemas hay que escribirlos en un folio a parte, que luego pegaréis a la ficha.

https://www.youtube.com/watch?v=XLF6nN-11cA&t=16s (doble y mitad)

https://www.youtube.com/watch?v=lNwH6Ic7IVo (otro sobre doble y mitad)

https://www.youtube.com/watch?v=1g3PnCqdecg (el triple)

 

Sesión 2:

Resolución de problemas: Ficha 24.

 

Sesión 3:

Tratamiento de la información (fichas de borde naranja, después de Geometría): Ficha 11.

Os dejo un video explicativo, pero, en nuestro libro de mates, no escribimos el recuento con palitos. Sólo el número de veces que se repite cada objeto.

https://www.youtube.com/watch?v=siM3eX0iHNw

 

Sesión 4:

Resolución de problemas: Ficha 25.

 

Sesión 5:

Cálculo y operaciones: Ficha 23.

 

LINGUA GALEGA

 

Sesión 1:

Competencia lectora: Tarefa 23.

 

Sesión 2:

Escritura: Tarefa 10

 

Sesión 3:

Obradoiro de ortografía: Ficha 23.

 

Sesión 4:

Obradoiro de xogos: Ficha 9.

 

Moito ánimo, cada vez falta menos.

 

Unha aperta.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO DE 2020

 

 

Queridos nenos e nenas:

Cóntovos que, esta semana, o martes, daranme a baixa médica. Así que, a partir da semana que vén, quedaredes ao cargo do profe Marcos, de Educación Musical.

Como xa está rematando o curso e traballastes de forma incrible, cada vez ides ter menos traballos para facer. Esta semana, só van de lingua galega, matemáticas, e ciencias naturais e sociais.

Pero, para quen queira facer cousas, en tódalas áreas puxen unha sección de “recursos libres” con xogos, videos, e propostas para que, os que queirades, poidades traballar, experimentar e facer. Intentei que sexan divertidas. Non deixedes de botarlles un ollo!

 E, como non quero marchar sen vervos, o martes, celebraremos unha reunión de webex, todos xuntos, na que tamén asistirá o profe Marcos. Será, como as anteriores, ás 12:00h. Así, desexámonos un bo verán.

De tódolos xeitos, tedes o meu correo electrónico e podedes escribirme cando queirades, e contarme cousas. Tamén podedes polo abalar! Crearei un chat que se chame “Falamos entre nós” no que poderedes deixar mensaxes cando queirades.

Así que non nos despedimos de todo, porque conto con que sigamos falando cando nos apeteza.

Unha aperta moi grande a todos, e moitisísimos bicos… E ata pronto!!

Bótovos moito de menos. 

 

 

Martina.

 

Quédavos o traballo da semana nos arquivos adxuntos, e, coma sempre, nos distintos apartados da páxina web.  

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO DE 2020

Ola, chicos e chicas!

Xa se van achegando as vacacións. Moito ánimo a todos e todas, que xa queda moi pouquiño para que rematemos! Este curso, foi un pouco difícil para todos. 

Téñovos que contar que, eu, empezo a estar un pouquiño cansa co embarazo (fáltanme 5 semanas e uns días), así que, esta semana, só abrirei o chat, para falar, o martes e o xoves. Estarei pendente das dúbidas que queirades preguntarme e do que queirades contar por aí. 

Pronto, estarei de baixa, e atenderavos outro profesor. De tódolos xeitos, ireivos avisando, vale? O traballo, deixareino eu preparado para que continuedes ata o final de curso. 

Tamén, martes e xoves, teremos videoconferencia. Un día, para seis, e outro, para os outros seis. Está explicado en Ciencias Naturais/sociais. Falaremos sobre as vantaxes e inconvenientes de cumprir sempre con normas respectuosas para o medio ambiente e as prantas. 

María, Alberto, Telma, Tristán, Lavinia, e Adrián, para o martes 19, ás 12:00.

Iago, Roi, Noa, Mario, Carlota e Kevin, para o xoves 21, ás 12:00. 

Se alguén precisara cambiar, podedes pedirmo. 

Que cousa se vos ocorre que vos gustaría facer para celebrar o fin de curso este ano? É un pouco difícil con esta situación! 

Preguntareivos na videoconferencia. 

Feliz semana a todos e todas! 

Deixo os ficheiros coas actividades nos arquivos adxuntos, para os que vos gusta mirar en documento. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: PROPOSTA DO DNL

Esta semana, o Departamento de Normalización Lingüística, proponnos a seguinte actividade en relación co día das letras galegas:

 

Elabora un debuxo (tamaño, material, formato(manual ou dixital), e decoración libres) onde aparezan:

- O arco da vella, símbolo dos tempos que vivimos. 

- A palabra galega que máis bonita lle pareza á túa familia. 

- O hagstag #nacasafalamosgalego.

Envíalle o teu traballo á túa titora da forma habitual. Pode ser o traballo escaneado, ou unha foto, ou unha foto túa ensinando o traballo, antes do 21 de maio. 

 

Darei tempo, a semana que vén (a sesión de plástica ou unha de lingua galega), para facer este traballo. Non obstante, publícovolo agora, por se queredes ir pensando ideas ou comezando.

Tedes o cartel da actividade nos datos adxuntos. 

 

 

ACTIVIDADES SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO DE 2020

Bos días, chicos e chicas!

Esta semana, é moi especial porque, o domingo 17, celebraremos o Día das Letras Galegas!!

Este ano, adícaselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Aprenderemos cousas sobre el dentro da área de Lingua Galega e tamén realizaremos algún traballo artístico.

No momento que escribo isto, ainda non sei se poderemos facer videoconferencia esta semana, pero vou intentalo moito para que así sexa. Unha das sesións do Proxecto “somos xardineiros e xardineiras” está reservada para facer videoconferencia.

Agardo que me contedes, pola asemblea, que tal vos vai indo cos traballos e como os levades. Se alguén precisa tempo para recuperar, avisádeme, e poñemos algunha sesión durante a semana que vén.

O mércores, non estarei dispoñible no abalar, porque terei dúas citas médicas.   

Feliz semana das Letras Galegas!

Tedes nas distintas áreas as actividades correspondentes para mirar. 

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020

Bos días, nenos e nenas. Esta semana, comezamos o mes de maio! É un mes moi importante en Galicia, e, nalgúns lugares, celébrase a festa dos maios. Podedes ver un pouco dela aquí:

Video sobre os maios

Os maios este ano

Falaremos del, un pouco, cando fagamos asemblea virtual. 

Sen mais, imos centrarnos no traballo.

Lembrade, antes de facer as actividades:

-        Mirar na axenda o día que é e anotar o tempo que vai.

Tamén que, esta semana, tedes que engadir a este traballo:

-        2 sesións de inglés.

-        1 sesión de Música.

-        2 sesións de Educación Física.

(deberedes mirar nas seccións da páxina web para ver os exercicios que vos propoñen os profes).

Xa tedes as actividades publicadas na páxina web, tanto nos arquivos adxuntos (aquí abaixo) como nas sección das diferentes áreas.

En canto enviar as tarefas, podedes enviarme todas xuntas o venres, se vos é máis cómodo. 

Feliz semana!

Distribuir contido