Educación física

UNHA VIAXE AO PASADO: Traballo de investigación (3º 4º 5º e 6º EP)

Esta proposta vai dirixida ao alumnado de 3º 4º 5º e 6º de educación primaria: viaxaremos ao pasado para coñecer os xogos que se practicaban no pasado. Este traballo de investigación poderedes facelo pouco a pouco nas próximas semanas, non hai data de entrega. Cando o teñades feito deberedes enviarmo por correo electrónico.

Adxúntovos os seguintes documentos:

- Instruccións do traballo de investigación

- Anexo 1: preguntas para realizar a entrevista (non teñen por que ser estas, podedes cambiar ou propoñer outras)

- Anexo 2 : Ficha dos xogos coa explicación correspondente para realizala de maneira correcta.

- Exemplo dun xogo recollido na ficha.

Calquera dúbida contactade conmigo.

Moito ánimo!

UNHA VIAXE AO PASADO: Traballo de investigación (1º e 2º EP)

Ola! Esta proposta vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria: imos a facer unha pequena viaxe ao pasado e coñecer todos aqueles xogos que se practicaban fai anos. Aquí vos deixo axuntado as instruccións para levar a cabo este pequeno traballo de investigación. Podedes ir facendo pouco a pouco nas próximas semanas, e ir enviándome as tarefas ao correo electrónico, non hai data de entrega. 

Calquera dúbida contactade conmigo.

Moito ánimo!

 

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (Conceptos básicos)

Ola! A partir de agora imos a introducir un tema novo "Xogos populares e tradicionais", así que antes de realizar o traballo de investigación que vos propoñerei, recoméndovos que leades o documento adxunto para comprender o contido que traballaremos nas próximas semanas. É sinxelo así que espero que non teñades dificultades pero calquera dúbida podedes contactar conmigo a través do meu correo electrónico. 

Recomendacións para seguir movendo o corpo na casa

Seguimos movendo o corpo na casa e facendo exercicio físico polo que vos adxunto as seguintes recomendacións para que podades levalas a cabo nos próximos días.

 

Moito ánimo a tod@s!

Proposta Educación Física : Move o corpo na casa!

Aquí vos deixo unha proposta de retos para esta semana. O panel co fondo de cor verde sería para primeiro e segundo de educación primaria, o panel de cor azul sería para terceiro e cuarto de educación primaria e, por último, o panel co fondo rosa sería para quinto e sexto de educación primaria.

Espero que consigades superalos todos! 

Calquera dúbida ou comentario podedes contactar conmigo mediante o correo electrónico : laura.teijeiro@edu.xunta.es

 

 

Distribuir contido