Comedor escolar

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2023/2024

Prazo: De VENRES 7 de xullo ata MARTES 11 de  xullo de 2023 (ambos inclusive).

Lugar de presentación: Dirección do centro

Horario de atención ao público: de 10:30 a 13:00H

Haberá que presentar:

  • Solicitude debidamente cuberta e asinada, acompañada dos documentos que proceda en cada caso.
  • Autodeclaración (datos de 2022)

As condicións especiais dos comensais especificaranse expresamente nas solicitudes de praza. No caso de intolerancias, dietas especiais ou alerxias alimentarias deberá presentarse certificado médico actualizado no que se especifique o tipo de necesidade do comensal.

DOCUMENTOS ANEXOS: (as solicitudes pódense descargar aquí ou recoller no centro)

-SOLICITUDE

-AUTODECLARACIÓN

-INSTRUCIÓN

                                                       

LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 23/24

 

Pola presente, infórmase de que foron admitidas todas as solicitudes de comedor para o vindeiro curso 23/24. Quedan cubertas 41 praza das 42 ofertadas, polo que a praza restante estará dispoñible para quen o precise en setembro.

 

O noso comedor

O comedor do CEIP Praia de Quenxe é un comedor de xestión indirecta que funciona a modo de catering sendo a comida elaborada fóra do centro para ser, a continuación, trasladada ao mesmo. Durante o presente curso 2022/23 contamos con 44 prazas de comedor. A empresa que presta o servizo este curso é JOSÉ FAJARDO SL.

SERVIZO DE COMEDOR

O alumnado do centro poderá facer uso do servizo de comedor durante todos os días lectivos do curso. Se algún usuario non puidese facer uso do servizo de comedor por calquera motivo deberá avisar ao centro o día anterior. Se isto non fose posible, terá que avisar antes das 09:30h do día no que non vaia facer uso do servizo. En caso contrario, a empresa adxudicataria contabilizará o menú como servido e pasará factura polo mesmo. 

Os usuarios que en tres ocasións falten ao comedor sen que mediara comunicación previa serán privados do uso do servizo durante 10 días. 

 

 

Distribuir contido