Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Libros de Texto e Material Escolar

Norma

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Destinatarios/as

  • Fondo Solidario: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO

 Forma de Presentación das Solicitudes

Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo a aplicación Fondolibros(https://www.edu.xunta.es/fondolibros) , e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberan gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (Anexos I e II) e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación correspondente. O horario para a atención ao público será de 10:30 h a 13:30 h de luns a venres. Aconséllase pedir cita por teléfono (881880532)
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Importante: Non esquecer que todos os membros da unidade familiar distintos do solicitante teñen que asinar as autorizacións que figuran no anexo II (este anexo aparece na última páxina da solicitude, no caso da presentación presencial, e como un documento anexo no caso de solicitudes presentadas pola Sede Electrónica).

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

Documentación Obrigatoria

  • Anexos I  e  II
  • Copia do Libro de Familia ou documento equivalente onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar
    • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
    • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
      • 1º. Certificado ou volante de convivencia.
      • 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 

A documentación complementaria (que se xunte coa solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

 RESUMO DO FONDO E DAS AXUDAS

 

Renda per cápita familiar

Calquera renda per cápita

 

igual ou inferior a 6.000€

superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €:

igual ou inferior a 6.000€

Discapacidade

≥ 65%

Libros de texto

Material

Libros de texto

Material

1º e 2º  EP

210€

140€

 

50€

275€

 

50 €

3º, 4º, 5º e 6º EP ou ESO

Fondo: 6 libros

Fondo: 4 libros

Fondo: 6 libros ou: 275 € 

 

Alumnado con NEAE - EP 

210€

140€

PRAZOS

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galiza e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.Aconséllase presentalas o antes posible.

Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas.

  • Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20. Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
    • A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2020/21 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
  • Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

ANEXOS:

SOLICITUDE FONDO LIBROS (anexos I e II)

CÁLCULO RENDA PER CÁPITA FAMILIAR

ORDE FONDO LIBROS

BENVIDOS/AS Á NOSA PÁXINA WEB!!

CEIP Praia de Quenxe

R/ Maruja Mallo, 18

15130 - Corcubión

Tlf: 881880532 

Fax: 881880534

Xogo de relacionar

Ola a tod@s!!

Hoxe creei este xogo pensado especialmente para os máis pequenos pero que obviamente pode xogar calquera que queira. 

Hai uns debuxos que deberedes unir dous a dous, xa que hai pares de debuxos que teñen relación entre si. 

Seguro que o facedes moi ben, espero que vos divirtades!!

Como sempre prepareino para que ao premer no debuxo se vos abra nunha nova xanela para xogar.

Saudiños e saudiña.

XOGO DE RELACIONAR

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Publicado no DOG o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21

  • Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
  • Unha vez publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Prazo de fomalización da matrícula en Infantil el Primaria: do 1 ao 10 de Xullo
  • Os documentos de solicitude pódense descargar máis abaixo, en ADXUNTOS, ou recoller no propio centro.

ACCESO AO DOCUMENTO COMPLETO

NOTA: A partir do 11 de maio haberá un membro do equipo directivo no centro en horario de mañá. O horario para a atención ao público será de 10:30 h a 13:30 h de luns a venres. Aconséllase pedir cita por teléfono (881880532)

TRÍPTICO INFORMATIVO CEIP PRAIA DE QUENXE

 

Documentos para Admisión e Matrícula

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 

Presentación de solicitude admisión: Do 1 ao 20 de marzo

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na LOE.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na LOE

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013. 

  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro para o que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade. A solicitude virá acompañada do DNI do alumno/a ou Libro de Familia

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. (achegar documentación xustificativa)

  • As solicitudes poderán presentarse de forma presencial centro educativo, ou de forma electrónica a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

  • O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da mesma aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

  • A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.

  • O CEIP Praia de Quenxe está adscrito ao IES Fernando Blanco.

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non-admitidos: antes do 25 de Abril. A partir do día en que se publique a listaxe provisional hai un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións.

  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio

  • Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes:

                Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.

                Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

  • O CEIP PRAIA DE QUENXE conta con servizo de Comedor de Xestión Indirecta da Consellería de Educación e con servizo de Transporte Escolar (DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación).

 

 

Os impresos podense descargar aquí. Tamén estarán a súa disposición na secretaría, dirección e conserxería do centro.

ENTROIDO: ORDEN DE ACTIVIDADES.

O venres 21, a organización será a seguinte:

 

SE CHOVE

10:00 Recibimento na casa da cultura.

10:00 a 10:40 Vestimenta por parte do alumnado de primaria, que infantil xa ven preparado da casa.

10:40 Apertura de portas ás familias, que pasarán ao salón de actos.

11:00 Desfile e actuacións de cada grupo. Levarase a cabo da seguinte forma:

-  EScola Infantil municipal.

-  Ciclo de Ed. Infantil. Copla "Os pastores de Quenxe".

-  1º e 2º de Ed. Primaria. "Músicos de Corcubión" (Base musical: Xota delira de Xabier Díaz)

-  3º de Ed. Primaria. " O señor da serra".

-  4º e 5º de Ed. Primaria. "Apicultores de Quenxe" (Base musical: Xota de Vilar")

-  6º de Ed. Primaria. "Palillei".

12:00 - 12:10 SORTEO DUNHA BICICLETA  a cargo da ANPA Alén

12:10 - 12:45 MERENDA coa colaboración da ANPA Alén. Recordamos que queda totalmente prohibido entrar con comida e bebida nos salón de actos.

12:45 - 13:30 XOGO, TERTULIA E GUATEQUE.

SE NON CHOVE

10:00 Recibimento na casa da cultura.

10:00 a 10:40 Vestimenta por parte do alumnado de primaria, xa que infantil xa ven preparado da casa.

10:40 Desfile polas rúas de Corcubión ata voltar á casa da cultura para facer as actuacións, na mesma orde que a indicada arriba.

Unha vez finalizadas, toca o sorteo e a ansiada merenda, ata que remate a xornada ás 13:30.

Lembrade:

- En caso de marchar antes de que finalice a xornada, é necesario avisar ás titoras e asinar unha autorización.

-  É preciso traer tazas ou vasos reutilizables para poder tomar as bebidas ofrecidas pola ANPA.

Agardamos que desfrutedes moito do festival e pasedes un feliz entroido.

Esta actividade realízase coa colaboración do CONCELLO DE CORCUBIÓN

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO.

21/02/2020 10:00
21/02/2020 10:00
Europe/Madrid

 

Estimadas familias:

 

O vindeiro VENRES 21 DE FEBREIRO, o CEIP Praia de Quenxe, xunto coa Gardería Infantil Municipal de Corcubión, celebraremos o Festival de Entroido na Casa da Cultura do Concello, evento ao que INVITAMOS a toda a comunidade educativa.

 

Para este día precisamos a aportación das familias, como viñemos facendo os últimos anos. Pedimos que cada neno/a aporte uns pouquiños (2 ou 3 unidades) doces de entroido para ese día (filloas, orellas, rosquillas...). Debedes levalos directamente á casa da cultura pola mañá e a ANPA encargarase de organizalos para que todos/as poidades degustalos o día da celebración. Se fose posible, facédeos chegar en envases de usar e tirar ou poñédelles o nome a tódolos utensilios que enviedes para facilitar a devolución.

 

Queda totalmente prohibido entrar con comida ou bebida no salón de actos da Casa da Cultura.

 

Si é posible, habilitarase para a degustación a mesma sala empregada durante o festival de Nadal.

 

Para levar a cabo este programa cóntase cunha redución de xornada autorizada (10:00-13:30).

 

Ao remate da xornada (13:30h) o alumnado, segundo corresponda, dirixirase ao autobús en compañía do profesorado para asistir ao comedor ou ben poderán marchar cos seus responsables directamente desde a casa da cultura, sempre avisando aos mestres responsables (titores).

 

En caso de marchar antes de que finalice toda a xornada, é necesario firmar unha autorización de saída.

 

O horario de comedor será como de costume. E a continuación, haberá servizo de biblioteca.

 

Na vindeira semana enviaremos o programa co horario e orde de actuacións.

 …………………………

ROGAMOS, que as familias se coloquen da oitava fila para atrás e que non invadan o corredor central para non interferir o normal desenvolvemento da actividade. Grazas.

 …………………………

 

Aproveitamos para desexarlles un feliz entroido.

 

 

 

Equipo de mestres do CEIP Praia de Quenxe.

 

 

CONVOCATORIA DA ANPA ALÉN

31/01/2020 11:00
Europe/Madrid

Estimadas Familias:

A anpa ALÉN quere sumarse a unir esforzos para reinvindicar un servizo de pediatría de calidade. Temos que estar todas e todos a unha con esta demanda xusta e necesaria

Que non xoguen coa saúde das nosas fillas e dos nosos fillos.

Participade na concentración convocada para este venres en Fisterra.

VENRES 31 XANEIRO

11:00h

PRAZA DO CONCELLO - FISTERRA

Xúntase, no pdf, o orixinal da convocatoria enviado pola ANPA  para a súa difusión. 

VISITA DO APALPADOR O VINDEIRO XOVES, 19

Grazas á mediación e organización da nosa ANPA Alén, o vindeiro xoves, 19 de decembro, recibiremos, tanto na Escola Infantil Municipal como no CEIP Praia de Quenxe, a visita do Apalpador, que traerá sorpresas para todas e todos e ao que poderemos entregar as cartas coas nosas peticións para este Nadal e o ano que entra. 

Pola mañá irá pola Escola Infantil Municipal, arredor das 12:00h.,  e esperámolo no colexio para as 13:10h. aproximadamente. Tódalas crianzas do colexio o recibirán no ximnasio do colexio e lle darán as cartas coas súas peticións. 

Tamén este xoves entregaremos os boletíns trimestrais.

Aproveitamos para lembrar que o venres deberedes traer ao festival as vosas tazas ou vasos reutilizables, para contribuir co propósito de residuo 0 que comezou este curso. 

Moitas grazas a todos e todas, e un saúdo. 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

Estimadas familias:

 

O vindeiro venres 20 de decembro, ás 10:00h., estaremos agardándovos na casa da cultura para celebrar o festival de Nadal. 

As titoras agardarán, xa alí, polo seu alumnado e dous mestres de garda encargaranse de recoller aos usuarios de autobús na Praza Castelao e conducilos ata a Casa da Cultura. 

Se alguén quere levar aos nenos/as antes de que remate o festival (13:15h. aproximadamente), deberá asinar a correspondente autorización e avisar á titora. 

 

A orde das actuacións será a seguinte:

1. Presentación da gala: O alumnado de 6º curso, para presentar a función, prepararon unha obra de teatro coa que nos presentarán as actuacións de todo o alumnado.

2.  Escola infantil municipal: "Burrito sabanero"

3. Ciclo de infantil: " "Fálame ben baixo"

4.  Actuación musical de 1º, 2º, 3º e 4º: "I wanna wish you a merry christmas".

5.   5º Ed. Primaria: Obra de teatro: "O mellor día de Reis de Ana. "

DESCANSO

6..  1º, 2º, 3º E 4º: Fragmento do musical "O Rei León"

7.  5º Ed. Primaria: Actuación musical "Happy Christmas".

8.  6º Ed. Primaria: "Blues de Nadal".

9.  Sorteo de rifas da ANPA. 

10.  Todo o colexio: "O meu Nadal perfecto"

Atentamente

O equipo de actividades complementarias e extraescolares. 

 

 

Distribuir contido