BOLSAS PARA ALUMANDO NEAE

INFORMACIÓN E INSTRUCIÓNS RELATIVAS ÁS BOLSAS NEAE 2021-2022

Normativa de referencia: Resolución de 28/07/2021, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2021-22

  • As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación
  • A resolución indica que as familias  poden presentar a solicitude no centro ata o 30 de setembro inclusive, pero o Departamento de Orientación do noso centro non estará operativo durante a última semana de setembro, polo que se recomenda presentar as solicitudes o antes posible.
  • É moi importante asegurarse de que consten as firmas requiridas:
    • Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas.
    • No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)
  • Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.
  • Documentación necesaria:
    • Presentarase documentación acreditativa do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% (art 2.4). (A diferenza do curso pasado non existe ningunha excepción que exima desta acreditación)
    • Comprobarase a consignación na solicitude dunha conta corrente na que conste como titular ou cotitular o propio beneficiario o caso contrario dará lugar a denegación. En relación con isto, deberá presentarse certificado da conta bancaria a nome do beneficiario da bolsa
AdxuntoTamaño
CONVOCATORIA NEAE CURSO 2021-2022 (1).pdf235.12 KB