Taboleiro

VISITA DO APALPADOR O VINDEIRO XOVES, 19

Grazas á mediación e organización da nosa ANPA Alén, o vindeiro xoves, 19 de decembro, recibiremos, tanto na Escola Infantil Municipal como no CEIP Praia de Quenxe, a visita do Apalpador, que traerá sorpresas para todas e todos e ao que poderemos entregar as cartas coas nosas peticións para este Nadal e o ano que entra. 

Pola mañá irá pola Escola Infantil Municipal, arredor das 12:00h.,  e esperámolo no colexio para as 13:10h. aproximadamente. Tódalas crianzas do colexio o recibirán no ximnasio do colexio e lle darán as cartas coas súas peticións. 

Tamén este xoves entregaremos os boletíns trimestrais.

Aproveitamos para lembrar que o venres deberedes traer ao festival as vosas tazas ou vasos reutilizables, para contribuir co propósito de residuo 0 que comezou este curso. 

Moitas grazas a todos e todas, e un saúdo. 

 

 

O ALUMNADO DE 4º FACENDO EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS (con corrección de erros)

Os rapaces e rapazas de 4º realizamos un experimento para simular unha erupción volcánica na nosa aula.
Valoramos se decorar ou non a botella por fóra con plastilina, para darlle máis realismo, pero ao final optamos por deixala destapada para ollar que sucedía dentro dela ao mesturar o vinagre co bicarbonato.
As fotos quitounas Ainoha Miranda coa tablet da profe.
Editamos as fotos con Kinemaster, que é unha APP moi sinxela de utilizar.
Na edición participou Ainoha Aroa Miranda, Helio e Araceli, porque comecei a edición para explicar como se utilizaba o programa.

Podedes acceder no seguinte enlace:

 

Os volcáns.

CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS 4º DE PRIMARIA

 

Publícase enlace a contidos de ciencias sociais e naturais para 4º de Educación Primaria. 

 

https://www.symbaloo.com/mix/ccssccnn4%C2%BAprimaria

 

O APALPADOR VISITA O CEIP PRAIA DE QUENXE

O APALPADOR VISITA O CEIP PRAIA DE QUENXE

Corcubión, redacción.

Hoxe, luns 19 de decembro de 2018, no CEIP Praia de Quenxe recibimos a visita do Apalpador.

Ataviado coa súa chaqueta e pantalón lixados de carbón, os seus grandes zapatóns e a súa boina, sen esquecer o seu saco, e, coma sempre, co seu grande e encantador sorriso, facía entrada no noso centro arredor das 13:00, onde foi recibido polo director do centro, para ir agardar, no ximnasio, a docentes e discentes.

Ás 13:10h, despois da volta do segundo recreo, todas as persoas habitantes do noso colexio subiamos para atender ao noso visitante.

Todos e todas entregamos as nosas cartas, por cursos.

Tamén recibimos regalos: uns caramelos e uns bonitos vasos reutilizables, que a partir de agora levaremos a tódolos festivais de forma que o noso cole terá un pouco menos de pegada ecolóxica.

Adxuntámosvos algunhas fotografías para que poidades comprobar que o pasamos en grande!!!

O CEIP PRAIA DE QUENXE EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os pasados xoves 22 e venres 23 de novembro, no noso centro tiveron lugar diversas actividades de concienciación contra a violencia de xénero:

Entre os dous días, todo o alumnado asistiu a un obradoiro no que se lles realizou a lectura de dous contos relacionados co tema. Unha das historias versaba sobre unha nena que quería ir soa, en barco, á lobeira. A xente dicíalle que precisaba de ter un mozo para levala... pero chegamos á conclusión de que todos e todas somos capaces de navegar sós, e a rapaza rematou vivindo nas illas...

Para complementar as historias, todos e todas elaboramos uns barquiños de papel, e cada barco leva a foto de un de nós. Quedaron preciosos!! Publicaremos as fotos cando volten xa enmarcados. 

O venres, ás 13:15, tamén nos reunimos todo o colexio para ver uns videos sobre o tema, e puxemos camisetas, pulseiras e chapas con mensaxe.

Todo o persoal do colexio queremos berrar ben forte: VIOLENCIA, CERO!  

 

Adxunto nos arquivos, publicamos algunhas fotos dos diversos eventos. 

TRABALLOS DE CIENCIAS

Publicamos aquí os traballos elaborados en ppt polo alumnado de 6º de primaria sobre os seres vivos, para que sirvan de axuda no estudio. 

 

Un saúdo. 

CORCUBIÓN E A SÚA COMARCA DURANTE A GUERRA DA INDEPENDENCIA

O alumnado de 6º está neste momento investigando e estudiando sobre a guerra da independencia. Xurdiu un grande interese sobre o feito de que os soldados franceses acudisen a saquear estas terras. A petición súa, e por interese meu como mestra, publico enlaces coas páxinas que atopei con información de interese sobre o asunto.

 

http://gie1808a1814.tripod.com/hechos/corcu.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2009/04/26/cinco-meses-estado-guerra-contra-tropas-napoleon/0003_7677604.htm

https://galicia1809.wordpress.com/2013/01/29/interesante-o-asentamento-das-tropas-galas-en-cee-e-corcubion/

 

Aproveito para invitar a todos aqueles familiares que coñezqan datos sobre a época e queiran vir compartir os seus coñecementos co noso alumnado. Estaremos moi agradecidos.

Distribuir contido