PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
Enviado por delfin o Xov, 07/05/2020 - 13:32
Publicado no DOG o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21
- Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
- Unha vez publicadas as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Prazo de fomalización da matrícula en Infantil el Primaria: do 1 ao 10 de Xullo
- Os documentos de solicitude pódense descargar máis abaixo, en ADXUNTOS, ou recoller no propio centro.
NOTA: A partir do 11 de maio haberá un membro do equipo directivo no centro en horario de mañá. O horario para a atención ao público será de 10:30 h a 13:30 h de luns a venres. Aconséllase pedir cita por teléfono (881880532)
TRÍPTICO INFORMATIVO CEIP PRAIA DE QUENXE
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO II SOLICITUDE DE ADMISION.pdf | 1.13 MB |
ANEXO III MATRÍCULA.pdf | 441.5 KB |
FICHA MATRICULA.pdf | 221.24 KB |
SOLICITUDE EXCEPCIONAL TRANSPORTE.pdf | 98.44 KB |