CELEBRACIÓN DO ENTROIDO.

21/02/2020 10:00
21/02/2020 10:00
Europe/Madrid

 

Estimadas familias:

 

O vindeiro VENRES 21 DE FEBREIRO, o CEIP Praia de Quenxe, xunto coa Gardería Infantil Municipal de Corcubión, celebraremos o Festival de Entroido na Casa da Cultura do Concello, evento ao que INVITAMOS a toda a comunidade educativa.

 

Para este día precisamos a aportación das familias, como viñemos facendo os últimos anos. Pedimos que cada neno/a aporte uns pouquiños (2 ou 3 unidades) doces de entroido para ese día (filloas, orellas, rosquillas...). Debedes levalos directamente á casa da cultura pola mañá e a ANPA encargarase de organizalos para que todos/as poidades degustalos o día da celebración. Se fose posible, facédeos chegar en envases de usar e tirar ou poñédelles o nome a tódolos utensilios que enviedes para facilitar a devolución.

 

Queda totalmente prohibido entrar con comida ou bebida no salón de actos da Casa da Cultura.

 

Si é posible, habilitarase para a degustación a mesma sala empregada durante o festival de Nadal.

 

Para levar a cabo este programa cóntase cunha redución de xornada autorizada (10:00-13:30).

 

Ao remate da xornada (13:30h) o alumnado, segundo corresponda, dirixirase ao autobús en compañía do profesorado para asistir ao comedor ou ben poderán marchar cos seus responsables directamente desde a casa da cultura, sempre avisando aos mestres responsables (titores).

 

En caso de marchar antes de que finalice toda a xornada, é necesario firmar unha autorización de saída.

 

O horario de comedor será como de costume. E a continuación, haberá servizo de biblioteca.

 

Na vindeira semana enviaremos o programa co horario e orde de actuacións.

 …………………………

ROGAMOS, que as familias se coloquen da oitava fila para atrás e que non invadan o corredor central para non interferir o normal desenvolvemento da actividade. Grazas.

 …………………………

 

Aproveitamos para desexarlles un feliz entroido.

 

 

 

Equipo de mestres do CEIP Praia de Quenxe.