Animación á lectura
Cousas da biblioteca
COUSAS |
DA |
BIBLIOTECA |
Mochilas viaxeiras | ||
As mochilas viaxeiras chegan de novo ás casas dos alumnos de 6º .Este ano quedan máis tempo coas familias, dúas semanas. Nela van libros de varios xéneros, unha película e tres guías informativas (fucionmento, CDU e OPAC )
|
Día do libro
Día do libro
Recordamos esta festividade:
Cunha exposición dentro da sala. |
||||
Coa entrega dos premios e diplomas pola súa participación en dous xogos:
"A busca do Tesouro " nel os alumnos do 2º ciclo tiveron que atopar nos libros, respostas relacionadas coa Astronomía.
"A Xincana Astronómica" na que os alumnos do 3º ciclo consultando na rede, propusieron preguntas e as responderon a través dunha wiki da páxina web do centro.
E a presentación do xornal : "O Espacial Especial " elaborado por tódolos alumnos do centro con noticias, relatos, poesías, relatos hemeroteca, glosario ....relacionado coa Astronomía. |
||||
Resultados Xincana Astronómica
Despois de analizadas todas as respostas dos distintos equipos nos diferentes wikis extráense as seguintes conclusións:
1) Boa participación (especialmente dos 6-7 equipos con mellores resultados)
2) Detectáronse algúns erros á hora da colocación da resposta mesmo borrando respostas correctas anteriores doutros equipos. Isto non inflúe na clasificación xa que na corrección tívose en conta o historial das respostas onde se ve cal foi a primeira.
3) Felicitar aos participantes polo traballo realizado tanto na búsqueda das preguntas propias como polas respostas atopadas e polo uso dos wikis e internet como medio na para a realización do concurso.
4)Páxina de resultados da Xincana Astronómica
Equipos |
Postos 1
|
Postos 2
|
Postos 3
|
puntos
|
Clasificación
|
Sapoconchos |
4 |
6 |
2 |
34 |
3º |
Satélites |
- |
|
|
- |
|
Dragóns |
1 |
|
|
5 |
13º |
Terremotos |
3 |
4 |
3 |
26 |
4º |
Quenllas |
1 |
1 |
|
7 |
12º |
Carballudas |
1 |
2 |
3 |
12 |
10º |
Aburridos |
3 |
1 |
|
17 |
7º |
Tiki-Taka |
1 |
2 |
|
9 |
11º |
Metallica |
5 |
|
|
25 |
5º |
Astrónomos |
6 |
2 |
|
34 |
2º |
Eclipses |
|
|
|
- |
|
Rock rockeros |
1 |
|
|
5 |
13º |
Break Dance |
2 |
1 |
1 |
13 |
9º |
Burbujas |
|
|
|
- |
|
Estrellas fugaces |
|
|
|
- |
|
Astrónomos 09 |
8 |
40 |
1º |
||
Planeta azul |
4 |
|
|
20 |
6º |
ºSaturno |
2 |
3 |
|
16 |
8º |
Cometas |
|
|
|
- |
|
Día do Libro Infantil
Día do Libro Infantil 2 de abril de 2009 |
Os alumnos de 3º tiveron ocasión de celebrar este día, visitando a Biblioteca nunicipal do Castrillón (Coruña), decorada cun estilo moderno, no gris predominante dos seus muros resalta o colorido dos andeis e libros. |
|
Alí escoitaron atentamente un conto e descubriron libros e material audiovisual divertido e interesante |
|
Remataron a sesión co préstamo de exemplares a cada un e ofrecéndolles a polibilidade, de se facer socios da mesma. |
A Astronomía, tamén estivo presente neste na sala |
Neste curso os alumnos de 4º tamén visitaron unha Biblioteca: a de González Garcés.
Contacontos
Contacontos
|
Próximo xa o Día do Libro Infantil os alumnos de 1º asistiron na Biblioteca a unha sesión de Contacontos na que se mesturaron contos tradicionais e música.
Os libros elexidos para este momento,da editorial Kalandraka, recordaron entre outros temas o día do pai e astronomía.
O clarinete, o pandeiro, e as castañolas xunto coa voz da recitadora, mantiveron a atención e fixeron disfrutar da sesión a tódolos alumnos.
Encontro con escritora
Mar Guerra
O xoves 10 de marzo os alumnos de 6º asistiron na biblioteca a un encontro con Mar Guerra, periodista e autora de "Xenaro e o misterio da mochila verde".
Este libro que foi lido e comentado nas clases de 6º, xira arredor da amizade e xoga coa linguaxe, resultando moi animado para estes rapaces. |
No encontro fixeronlle preguntas relacionadas co libro e a súa actividade literaria, rematou o mesmo cun xogo de palabras, no que participaron todos e un deles foi agasallado cun exemplar de dito libro.
Novas actividades
Intentando festexar as celebracións literarias de marzo e abril ( Día da Poesía, Teatro, Prensa e Libro), dende a biblioteca propuxemos a elaboración conxunta dun xornal cuxo tema sexa a Astronomía por ser o 2009 o "Ano Internacional da Astronomía" empregando relatos, adiviñas, tira de cómic, noticias. . .
Os alumnos do 2º ciclo están a participar por equipos no xogo "A busca do tesouro " consultando os libros de Astronomía expostos na biblioteca.
E os do 3º ciclo utilizando as TIC, noutro concurso "Xincana de Astronomía" no que cada equipo busca preguntas relacionadas co tema e todos deben tentar de atopar o maior número de respostas.
Xincana astronómica
Xogo-concurso para o 3º ciclo para conmemorar o ano da Astronomía. Os alumnos agrupados en equipos elaboran preguntas despois de consultar unhas páxinas web e tratan de contestar as prantexadas polos demais equipos.
Se xa respostáchedes nos wikis a todas as preguntas e cubríchedes as fichas en papel, entón PODEDES ENVIAR ESTE FORMULARIO E ENTREGAR NA BIBLIOTECA A FICHA DO PORTAVOZ ASINADA POR TODOS OS MEMBROS DO EQUIPO.
(Fai clic en "Go to form")
Mochilas viaxeiras
Mochilas viaxeiras
Un libro cerrado, es un amigo que espera, olvidado, un alma que perdona |
destruido un corazón que llora. Proverbio Hindú |
"Os libros agardan nos andeis por unha man, que ó abrilos poña en funcionamento a maxia da lectura."
En canto a Xunta ofreceunos estas mochilas non dubidamos un minuto e poñernos en marcha. |
Trinta alumnos de 6º solicitáronas, e este mércores 4 de febreiro saiu a primeira tanda. Nela van libros de relatos, poesía, primeiros coñecementos. . .e unha película.
Esperamos que a poidan disfrutar en familia e que o expresen con letras e debuxos no Caderno Viaxeiro que vai dentro. |
Tres guías recén elaboradas acompañan estas lecturas, a través delas as mascotas Librinda, Mero e o gato Paco dannos a coñecer como funcionan as bibliotecas (CDU) como é Vaidelibros e onde consultar os fondos(OPAC).