5º Curso

Entrega premios e clausura XII Ligamats

14/03/2016 16:40
Atlantic/Bermuda

O venres, día 11,  celebrouse en Vigo o acto de entrega de premios e clausura da XII edición do certame de Ligamats patrocinado pola Fundación Barrié, Imatxina  e Fundación Rosalía Castro.

Considerando que xa era un rotundo éxito ter chegado á final frente a centros de toda Galicia públicos e privados (a maioría), algúns dos cales xa levan participando e traballando esta disciplina moito tempo a sorpresa de obter o 2º Premio  foi unha grandísima alegría para todos.

Teo, Noa, Eduardo e Ali . En nome de toda a comunidade educativa, os  nosos parabéns para vós e por suposto para as vosas profesoras e as vosas familias.

A continuación poñemos un pequeno vídeo que recolle o acto de Vigo e o momento de abrir o premio no cole

 

Obradoiros Ima+xina

24/02/2016 09:07
Atlantic/Bermuda

O colexio vén de participar na actividade Obradoiros con tangram e concurso Ligamats dentro da convocatoria realizada polas entidades "Fundación Barrié e "Fundación Rosalía"   en colaboreación con AGAPEMA e outras entidades (concellos A Coruña e Vigo, Anaya, etc)

Aquí tedes unha montaxe con fotografías da xornada dos obradoiros

Tamén aproveitamos para comunicar que o equipo formado polos alumnos de 5º: Teo Montero, Noa Barona, Ali Abu-Afash e Eduardo Sendón supeou as fases clasificatorias pasando á final do XII concurso galego de Ligamats. Independentemente do resultado na final, os nosos parabéns para profesorado, familias e especialmente para os nenos dos que o CEIP Portofaro se enorgullece.

Vai de cousas do arte..... pinturas, esculturas,mostras do arte popular

A continuación veredes uns estupendos vídeos realizados polos alumnos de quinto comentando cadros famosos, estatuas ben coñecidas, xigantes en pedra como mostra do arte popular e mais..

Noraboa a estos nenos e nenas polo esforzo realizado neste fabuloso traballo. PARABÉNS para todos eles.

Cubismo juan gris from CEIP Portofaro on Vimeo.

A primavera from CEIP Portofaro on Vimeo.

Moais from CEIP Portofaro on Vimeo.

o Pensador from CEIP Portofaro on Vimeo.

dama bebendo from CEIP Portofaro on Vimeo.

Estatua de Carlomagno from CEIP Portofaro on Vimeo.

Obradoiro" TI QUE FAS POLO MUNDO" programa de educación ambiental

29/01/2014 13:00
Etc/GMT+1

Hoxe o alumnado de quinto nivel de primaria participará nun obradoiro de educación ambiental  “TI QUE FAS POLO MUNDO” sobre o tratamento dos residuos no Consorcio das Mariñas.

O obradoiro será impartido por educadores do CEIDA  e propóñense una serie de actividades encamiñadas a conseguir cambios concretos e perdurables no tempo na separación e redución dos residuos nos fogares dos nenos e nenas destas  idades.   Esperamos aprender moito e pasalo ben reCiclando. 

Chistes 3º ciclo(2)

19/05/2013 17:00
Etc/GMT+1

Chistes 3º Ciclo(1)

19/05/2013 16:57
Etc/GMT+1

O Paleolítico, Neolítico e idade Antiga

A continuación podedes ver tres estupendos videos dos alumnos de quinto exponendo temas de coñecemento do medio, nesta ocasión falan do Paleolítico, Neolítico e a idade Antiga. Noraboa pola estupenda exposición que facedes.


 


O paleolítico from CEIP Portofaro on Vimeo.

O neolítico from CEIP Portofaro on Vimeo.

CONCERTO "DIARIO DE UNA PULGA"

00/00/
Array

 12 de marzo 

    Este venres os alumnos e alumnas de quinto van de CONCERTO ao pazo da ópera. 

 A obra "DIARIO DE UNA PULGA" conta as peripecias dunha pulga, Sara Sarkopsila, que quere ir a esquiar a Baqueira Beret. Nela faise unha viaxe musical ao redor do mundo a bordo dunha variada fauna, toda presente na música de “O carnaval dos animais”, de Camile Saint-Saëns (1835-1921) onde o contrabaixo convértese en elefante, os violíns en ruidosos asnos, o violonchelo nun precioso cisne e os pianistas... os pianistas seguen sendo pianistas, que tamén son un tipo de animal segundo Camile Saint Saens. Esperamos disfrutar moito coa música da OSG

Distribuir contido