Robótica

Expreiencias con escornabots. Aprendemos con robots

Templarín e Forrest

24/03/2017 14:30
Atlantic/Bermuda

Estes días o Portofaro está de noraboa. A súa comunidade ten dous novos membros. Son dous seres cheos de cables, chips, etc. Dous robots. Templarín é forte coma un monxe templario (de aí o seu nome) e Forrest é un pouco máis enclenque. Naceu con certos problemiñas porque as súas pezas foron impresas como probas da nova impresora en 3D do cole, pero ten vontade e se esforza como o que máis. A continuación vos deixamos un pequeno vídeo no que os nenos e nenas practican inglés ao mesmo tempo que planifican o percorrido dos robots para alcanzar o obxectivo. É dicir programan.

 

Distribuir contido