Animación á lectura

Actividades de animación na Biblioteca Escolar Vaidelibros

Animación á lectura

Nesta páxina iranse publicando as distintas actividades de animación á lectura propostas ou coordinadas desde a Biblioteca.

Desde Vaidelibros realizaranse concursos, exposicións, celebracións e outras actividades que teñen como fin o descobrimento dos contos, dos libros de coñecementos, dos distintos autores e autoras, vivos ou xa desaparecidos de aquí ou de ultramar e en fin de todo o que poida facer que alguén se achegue á lectura.

Nestes días estamos a celebrar o Día mundial da Poesía e para elo colocarase unha exposición con todas as poesías aportadas por tods os nenos do centro. Coma sempre, algunhas delas aparecerán tamén aquí

Neste enlace tes máis poesías 

 

Tamén celebramos o Día do Teatro enlace    

Actividades na biblioteca

Este curso na biblioteca:


Os pequenos de 1º asistiron a unha sesión de contacontos animada con música.


Os de 3º disfrutaron das andanzas dun cabaleiro medieval.


E todos xuntos escribiron e ,neste conto xigante, sobre os xogos populares.

Os libros son os protagonistas

00/00/
Array

Os  alumnos de de infantil, primeiro, segundo e terceiro disfrutaron estes días de dúas animacións relacionadas cos libros.

Cha-Ca-Pun  conto de A. Gómez Cerdá,  que se pode ler na biblioteca, foi ofrecida pola  editorial MacMillan a Vaidelibros.

E o Buscador de Contos  proporcionada pola editorial Anaya, no que o actor recordou varios contos ben coñecidos por eles.

Cha-Ca-Pun

00/00/
Array

O buscador de contos

00/00/
Array

El flautista de Hamelin

17/04/2010 20:00
Etc/GMT+1

Busca do Tesouro e Xincana

10/04/2010 22:18
Etc/GMT+1

Dende da casa, na aula de informática, na biblioteca ou na súa propia aula, calquera lugar é bo para mergullarse no mundo da Lectura, a Música ou as novas tecnoloxías-TIC -

Un ano máis os alumnos maiores están a participar en dous xogos, este ano co tema da Música.

Dezaoito equipos de 3º e 4º, na " Busca do Tesouro" e vinte de 5º e 6º, na "Xincana Musical" Os nomes dos equipos están relacionados tamén coa Música.

O primeiro trátase de localizar e responder a quince preguntas que están nestes libros:

         
         
         

averiguando primeiro, coas pistas proporcionadas, en que libro están. Recoméndaselles que consulten o índice e  que teñan en conta os apartados e unha vez atopada a páxina,  as letras en negriña. Cada equipo formado  por cinco alumnos dispoñen de media hora.

Para os de 5º e 6º é algo máis complicado. Formulan e responden as preguntas, a través dunha wiki aloxada na páxina web do centro.

O Día do Libro 23 de abril coñeceremos os gañadores.

Distribuir contido