Complementarias

Correlingua 2016

04/05/2016 08:10
Atlantic/Bermuda

Portofaro no Correlingua 2016.  Día estupendo e 3º premio na categoría de animación. Noraboa

correlingua_2016 from portofaro2010 on Vimeo.

Dïa da paz

30/01/2014 12:32
Etc/GMT+1

Hoxe día 30 de xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ

Por iso no día de hoxe conxuntamente no patio faremos a lectura do “NOSO MANIFESTO” que foi  elaborado  por todoo alumnado  despois de teren debatido nas respectivas aulas sobre o significado e a  importancia da PAZ.  No manifesto están recollidos os  desexos  dos nosos alumnos para o desenrolo da PAZ entre todos. Despois cantaremos “O himno da alegría”.

 “Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes;  pero non damos aprendido o sinxelo arte de vivir coma irmánsMartín Luther King. Premio Nobel da paz 1964.

CONCERTO "LOS CLÁSICOS"

15/01/2014 19:00
Etc/GMT+1

CONCERTO "LOS CLÁSICOS"  Hoxe o alumnado do segundo ciclo ás 10:30h e os do primeiro ciclo ás 12:00h  asistiran ao concerto de música clásica que a  ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA dirixida por Andrés Salado ten programado no Pazo da ópera da Coruña.  

Velaí tedes o fabuloso programa que se escoitará.

ANTONIO VIVALDI
Las cuatro estaciones (Primavera: mov. I)

JOHANN SEBASTIAN BACH
Suite nº 3: Aria

GIOACCHINO ROSSINI
El barbero de Sevilla: Obertura (fragmento)

LEOPOLD MOZART
Sinfonía de los juguetes: Allegro

LUDWIG VAN BEETHOVEN
Sinfonía nº 5: Mov. I (fragmento)

PIOTR ILICH CHAIKOVSKI
El Cascanueces: Trepak

JOHANNES BRAHMS
Danza húngara nº 5

JOHANN STRAUSS jr.
El Danubio Azul

ANTONÍN DVORÁK
Sinfonía nº 9, “Del Nuevo Mundo”: Mov. IV

CAMPO A TRAVÉS " AS MARIÑAS"

15/01/2014 10:50
Etc/GMT+1

Este mércores o alumnado do ceip.Portofaro participa na proba local de campo a través " As mariñas" que se celebra no parque de Acea da Ama.

A actividade está organizada pola Consellería de Deportes en colaboración co concello de Cambre e colexios da zona. O colexio presenta corredores nas tres categorias: Benxamín, Alevín e Infantil.

Esperamos pasalo moi ben facendo deporte.

Marcapáxinas

31/12/2013 15:21
Etc/GMT+1

Co gallo do Nadal O EDLG organizou unha actividade consistente nun concurso de marcapáxinas cuxos gañadores/as tiveron o premio da edición no prelo do seu deseño

Aquí tedes un pequeno repaso dos seus traballos

 

Concurso de cartel dos REIS do concello de Cambre

Os premios do concurso de carteis dos Reis otorgado polo concello de Cambre foron para..................

1ºClaudia Bouzas Ramudio

2º Bruno Saáchez Rey

3º María Mouriz Aibar

Veleí tedes estes estupendos carteis

.

Obradoiro de decoración dunha árbore de Nadal

12/12/2013 19:00
Etc/GMT+1

O  día 12 de decembro grazas ao  amable ofrecemento e xestións do pai dun alumno de 1º , varios membros do persoal da tenda de bricolaxe AKí levaron a cabo cos nenos e nenas de 5 anos e de NEAE un Obradoiro singular e práctico

Consistía en dar unhas nocións sinxelas e prácticas para a montaxe dunha árbore de nadal e a súa decoración de xeito artesán, barato e creativo

Como podedes ver na vídeomontaxe que vén a continuación, nenos e nenas (e tamén maiores) pasaron un tempo moi divertido, aprendendo unha morea de cousas que nuns poucos días poderán poñer en práctica na casa. A primeira e principal que hai moitos xeitos de estar entretido. 

Magosto 2013

19/11/2013 12:41
Etc/GMT+1

Na semana do 11 ao 15 de novembro celebramos as tradicionais actividades do magosto: concurso de colares e manualidades con froitos de outono, concurso de tartas e doces de temporada e o venres 15 a festa do magosto co asado e degustación de castañas e tartas e a entrega de premios do samaín e magosto.

A continuación podedes ver un pequeno vídeo que recolle algunhas instantáneas de todas estas actividades.

Samaín 2012

00/00/
Array

Como en anos anteriores realizouse unha exposición cos marabillosos traballos feitos coas cabazas.  A imaxinación non ten límites

Pasade e mirade 

Distribuir contido