Encontro con escritora

        Mar Guerra

O xoves 10 de marzo os alumnos de  6º asistiron na biblioteca a un encontro con Mar Guerra, periodista e autora de "Xenaro e o misterio da mochila verde".

 

      

 Este libro que foi lido e comentado nas clases de 6º, xira arredor da amizade e xoga coa linguaxe, resultando moi animado para estes rapaces. 

             

No encontro fixeronlle preguntas relacionadas co libro e a súa actividade literaria, rematou  o mesmo cun xogo  de palabras,  no que participaron todos e un deles foi agasallado cun exemplar de dito libro.

 

Novas actividades

Intentando festexar as celebracións literarias de marzo e abril ( Día da Poesía, Teatro, Prensa e Libro), dende a biblioteca  propuxemos a elaboración conxunta dun xornal cuxo tema sexa a Astronomía por ser o 2009  o "Ano Internacional da Astronomía" empregando  relatos, adiviñas, tira de cómic, noticias. . .

Os alumnos do 2º ciclo están a participar por equipos no xogo "A busca do tesouro " consultando os libros de Astronomía expostos na biblioteca.

E os do 3º  ciclo utilizando as TIC, noutro concurso "Xincana de Astronomía" no que cada equipo busca preguntas relacionadas co tema e todos deben tentar de atopar o maior número de respostas.