Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Start: 29/01/2014 10:25
Hoxe , 29 de xaneiro os alumnos de 6ºA visitan a fábrica do Castro. A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en marcha ala polo o século XVIII. As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. Esperamos passalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada Start: 29/01/2014 13:00
Hoxe o alumnado de quinto nivel de primaria participará nun obradoiro de educación ambiental “TI QUE FAS POLO MUNDO” sobre o tratamento dos residuos no Consorcio das Mariñas. O obradoiro será impartido por educadores do CEIDA e propóñense una serie de actividades encamiñadas a conseguir cambios concretos e perdurables no tempo na separación e redución dos residuos nos fogares dos nenos e nenas destas idades. Esperamos aprender moito e pasalo ben reCiclando. |