Obradoiro" TI QUE FAS POLO MUNDO" programa de educación ambiental

29/01/2014 13:00
Etc/GMT+1

Hoxe o alumnado de quinto nivel de primaria participará nun obradoiro de educación ambiental  “TI QUE FAS POLO MUNDO” sobre o tratamento dos residuos no Consorcio das Mariñas.

O obradoiro será impartido por educadores do CEIDA  e propóñense una serie de actividades encamiñadas a conseguir cambios concretos e perdurables no tempo na separación e redución dos residuos nos fogares dos nenos e nenas destas  idades.   Esperamos aprender moito e pasalo ben reCiclando.