Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Xaneiro 30, 2014 »
Xov
Start: 30/01/2014 10:28

Hoxe , 30 de xaneiro os alumnos de 6ºC visitan a fábrica do Castro.

A produción cerámica é a principal actividade desta fábrica de Sargadelos dende que se puxo en  marcha ala polo o século XVIII.

                As producións cerámicas sobresaen polo orixinal deseño e coidado co que son fabricadas cada unha dass, que están decoradas e rematadas a man antes de saíren dos fornos das súas factorías no Castro de Sada e Sargadelos en Cervo. Esperamos pasalo moi ben e aprender moito da cerámica galega feita no Castro de Sada.  

Start: 30/01/2014 12:32

Hoxe día 30 de xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ

Por iso no día de hoxe conxuntamente no patio faremos a lectura do “NOSO MANIFESTO” que foi  elaborado  por todoo alumnado  despois de teren debatido nas respectivas aulas sobre o significado e a  importancia da PAZ.  No manifesto están recollidos os  desexos  dos nosos alumnos para o desenrolo da PAZ entre todos. Despois cantaremos “O himno da alegría”.

 “Aprendemos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes;  pero non damos aprendido o sinxelo arte de vivir coma irmánsMartín Luther King. Premio Nobel da paz 1964.

Distribuir contido