Obradoiros Infantís



 

Continuando coas actividades de remate de curso, o día 17 de xuño realizamos distintos obradoiros: maquillaxe, pintura, plástica, seguridade vial, baile, monicreques e contos.
Na realización dos obradoiros, contamos tamén coa colaboración de alumnas de 5ºC (Andrea, Sara, Evelyn, Beatriz, Antía, Mariña, Paula) que impartiron dous obradoiros de Plástica.

Todo un éxito.

Queremos tamén agradecer a todas as nais e pais que colaboraron no obradoiro de seguridade vial, aportando veículos que permitiron a súa realización.