O horto escolar. Voz Natura


horto1  

Os Hortos Escolares iniciáronse no curso 2002-2003 en dous centros de ensino e a experiencia continuou en anos sucesivos até a actualidade no que se desenvolve como programa propio dentro das actividades de educación ambiental.

Os nenos/as de 4ºA foron os destinatarios e protagonistas iniciais deste ano no que xoves a xoves fomos achegándonos ao mundo do agro, coñecendo o ciclo vital das prantas, aprendendo as propiedades dos cultivos e das prantas aromáticas e mediciñais dentro da  horta, estudando as características do solo e o ciclo da materia orgánica... sempre dende unha perspectiva didáctica e respectuosa co medio.

O traballo xornada a xornada desenvolveuse entre a aula e o exterior, comezabase na aula vendo os cultivos e explicando o que se ía facer e posteriormente en pequenos grupos se baixaba ao horto para rematar na aula facendo unha posta en común entre todos.


  AULA VERDE

É un espazo no que poder realizar actividades lúdicas e lectivas no exterior, rodeados de natureza.

Este proxecto incrementa a nosa aposta polo medioambiente, xa implementado en actividades como a reciclaxe selectiva, o horto escolar, ou a observación meteorolóxica.


  Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar galega na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.