Horto escolar. Voz Natura. 21-22


 

MEMORIA VOZNATURA 21-22


Esta memoria pretende ser o documento que acredita o traballo realizado no marco do programa Voz Natura no curso 2021-22.
Nesta edición as actividades máis representativas desenvolvéronse no 3º trimestre. Resulta similar ás memorias anteriores na parte que recolle o traballo no horto escolar. Aporta novedades na proposta dun xardín vertical para ampliar a aula da natureza reciclando latas e plantando flores, tamén polo abordaxe do estudo sobre árbores da contorna realizando unha exposición coas fichas técnicas elaboradas e a introdución ao método científico para investigar por que as follas das árbores cambian de cor.
O primeiro trimestre as actividades consistiron na recollida da plantación de cebolas e patacas da edición anterior, na práctica científica e no reciclado de materiais para a decoración navideña.

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

  • A participación no proxecto Voz Natura pretende desenvolver obxectivos e contidos curriculares e extracurriculares relacionados coa sensibilidade hacia á protección e coidado do medio ambiente, estimulación do sentir estético, coñecemento da natu-reza, o traballo directo no invernadoiro e a interacción e solidaridade.
  • Gracias á aportación económica de Voz Natura melloramos as condicións de traballo no horto escolar que, curso a curso, vaise dotando de recursos que permiten unha maior implicación do alumnado e que facilitan a intervención do profesorado.
  • A pesar da relaxación nas medidas COVID o protocolo continúa recomendando a non interacción entre alumnado de diferentes grupos, polo que tampouco realizamos actividades internivelares de
  • Titorización por parte do alumnado de máis idade.

OUTROS ÁMBITOS NOS QUE ACTUAMOS

  • Empregar obxectos da vida cotiá dándolle outro uso, cunha finalidade artística, reflexionando sobre os recursos que se aforran: papel, material funxible, etc. sobre todo plásticos.
  • Vinculación coa arte e o desenvolvemento do sentir estético para educar na loita contra o feísmo paisaxístico.
  • Pretendemos donar a colleita á Cociña Económica para continuar educando en valores como a solidaridade e empatía.
  • Fauna e flora da contorna e sobre problemáticas vinculadas coa natureza.

ALUMNADO PARTICIPANTE
Igual que en edicións anteriores o horto escolar está aberto a toda a comunidade educativa, pero participaron de xeito máis directo no sembrado e coidado da plantación todo o alumnado de Educación Infantil, todo o alumnado de 1º de Educación Primaria e todo o alumnado de 2º de educación primaria, cunha participación de 375 nenos e nenas.

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES
OBXECTIVOS

  • Investigar as árbores propias da contorna.
  • Participar nun proxecto colaborativo e de traballo en equipo.
  • Descobrir novos usos de obxectos cotiás que se ían tirar.
  • Iniciarse no método científico.
  • Concienciar ao alumnado participante da importancia do coidado e mantemento continuado da plantación.
  • Coñecer os nomes e características das hortalizas cultivadas.
  • Desenvolver un proceso de observación durante a evolución do crecemento dos cultivos.
  • Coñecer e realizar as tarefas propias dunha colleita: abonar e preparar a terra, plantar, regar, limpar herbas, quitar caracois,…
  • Transferir estes coñecementos á linguaxe plástica.
  • Función dos textos prescriptivos relacionados cun proceso de plantación.
  • Fomentar no alumnado valores como o coidado do medio ambiente, unha alimentación saudable e a solidaridade.
  • Contribuír ao desenvolvemento de capacidades relativas á C.S.C.
  • Desenvolver o sentir estético e a valoración da beleza na contorna.

CONTIDOS

  • Investigación sobre as árbores propias da contorna, en concreto o liquidambar.
  • Descubrimento de novos usos de obxectos cotiás que se ían tirar.
  • Pasos do método científico.
  • Pasos para o cultivo: preparar a terra, abonar, plantar, regar, arrincar herbas, quitar caracois,…
  • Coñecemento dos nomes e características das hortalizas cultivadas (pementos).
  • Observación durante a evolución do crecemento dos cultivos.
  • Descripción das tarefas propias dunha colleita: abonar e preparar a terra, plantar, regar, limpar herbas, quitar caracois,…
  • Representación a través do debuxo das experiencias realizadas.
  • Fomento no alumnado valores como o coidado do medio ambiente, unha alimentación saudable e a solidaridade.
  • Valoración do traballo en equipo.
  • Contribución ao desenvolvemento de capacidades relativas á competencia social e cidadá.

ACTIVIDADES

  • Recollida da plantación do curso anterior, cebolas e patacas.
  • Iniciámonos no método científico desenvolvendo unha práctica para demostrar porque as follas cambian de cor no outono. Empregamos follas de liquidambar porque é unha das árbores que presenta máis variedade cromática.
  • A decoración das árboles de Nadal do ciclo de Educación Infantil fíxose con cunchas de zamburiñas recollidas nun local de restauración. Despois de lavalas en profundidade cada neno e nena de educación infantil pintou unha para colgalas nas árbores de nadal e engadimos calcetíns do alumnado de tres anos.
  • Limpado e acondicionamento do invernadoiro xa que desde o verán a proliferación de herbas sempre é importante. Nestas tarefas participou todo o alumnado participante no proxecto, agás os de 4º de educación infantil que so participaron na plantación.
  • Plantado de 375 plantas de pementos e inicio do seu coidado e mantemento.
  • Realizamos un calendario de responsabilidade quincenal sobre o coidado da plantación. Durante esa semana o grupo asignado, acompañado e supervisado pola persoa titora, é o responsable de supervisar o rego, retirar herbas e caracois.
  • Pintado da parede por parte do profesorado na que se vai crear o xardín vertical e colocación das alcaiatas.
  • Preparación das latas de conserva que imos empregar de macetas.
  • Limpeza das xardiñeiras para o plantado de novas plantas.
  • Creación do xardín vertical, como mínimo cada grupo de participantes no proxecto terá a súa maceta/lata.
  • Saída pola contorna a observar en directo un liquidambar e outras árbores como carballos, castiñeiros e eucaliptos.
  • Busca de información sobre esta árbore e elaboración dunha ficha técnica, en formato póster, que completará a exposición colectiva de todo o centro escolar sobre as árbores da contorna.
  • Pretendemos donar a plantación de pementos á Cociña Económica igual que en edicións anteriores.

METODOLOXÍA E CONCLUSIÓNS

  • A metodoloxía foi de experimentación directa co traballo no horto e nas aulas.
  • A información necesaria para un correcto e máximo aproveitamento do horto foi, fundamentalmente, por parte da coordinadora hacia o profesorado e alumnado participante asesorada por Alejandro, membro do comité científico.
  • A encargada de prover ás aulas e ao alumnado de todos os materiais e recursos necesarios tamén é a coordinadora do proxecto.
  • A través da observación directa, a documentación fotográfica e a recollida de datos entre o alumnado e profesorado consideramos que a valoración é moi positiva, sentíndose moi implicados os colectivos que participan no proxecto.
  • Voz Natura é un dos proxectos medioambientais con máis repercusión directa no alumnado e nos centros escolares.
  • Queremos agradecer tamén a súa disponibilidade, asesoramento e acompañamento.