A festa do Magosto


NA REVISTA BANZO


 

 

O castiñeiro (Castanea sativa) pódese considerar como unha árbore semidomesticada (metade silvestre, metade domesticada). Hai milleiros de anos existían castiñeiros silvestres, aínda que en número reducido, en moitas rexións de Europa. Foron os romanos os que axudaron a expandir esta árbore e introducila de xeito intensivo no noso país.

Ata a chegada da pataca, despois do descubremento de América (s. XV) o seu froito, a castaña, constituíu a base da alimentación en Galicia, e en moitas zonas da Península Ibérica; o seu cultivo chegaba ata Andalucía. Poucas árbores prestaron tanto servicio ó home como o castiñeiro, ademáis da súa madeira, o seu froito no pasado salvou de morrer de fame a moitas poboacións e segue consumíndose polo alto poder alimenticio que encerra. Tamén o comen os animais domésticos así como as súas follas. Na actualidade o número de castiñeiros reducíuse considerablemente, en parte polo desprazamento por parte do tubérculo e sobretodo por culpa dunha enfermidade chamada tinta, moi difícil de atallar.

De folla caduca e espectacular porte, o castiñeiro é unha das especies arbóreas co tronco de maiores proporcións. Existiron castiñeiros que serviron de lar a familias enteiras, e aínda hoxe algún emprégase como cortes (dise que en Sicilia unha árbores destas cobixou a cen xinetes). A súa madeira é mala para o lume pero de grande utilidade para outro uso, debido a súa lonxevidade, sobretodo na fabricación de mobles, apeiros de labranza, vigas das casas, portas, fiestras, cancelos, cercados e tamén os útiles e apreciados cestos empregados en tan diversas tarefas agrícolas da nosa cultura. A súa corteza é lisa e clara ata os vinte anos, logo convírtese en fibrosa e de cor marrón ecura. As súas flores masculinas florecen no mes de xuño; son uns longos filamentos de intensos tons amarelos e profundo aroma. As flores femeninas nacen un pouco máis tarde, ó redor dun mes, e son pequenas e adósanse as bases das masculinas.

O seu froito agáchase no interior de ourizos esféricos, normalmente tres castañas en cada ourizo, e maduran en outono, entre as datas do San Miguel (29 de setembro) e o San Martiño (11 de novembro).

As súas follas son de grandes dimensións (ata 20 cm) en forma de punta de lanza e co borde aserrado. A súa cor é verde escura moi brilante pola cara e algo máis pálida polo envés. Aparecen moi tarde, no mes de maio. No outono comenzan a cambiar de cor, amarelean ou vermellan, ata caer a mediados de novembro.

Propiedades e indicacións


A corteza da árbore, e en menor proporción as follas, son moi ricas en tatino, ademáis de conter azúcares, pectina, aceite esencial e outros principios activos. As súas dúas propiedades máis destacadas son:

  • Astrinxentes, e decir, que secan e desinflaman mucosas, polo que resultan moi útiles para as diarreas agudas e para facer enxuagues bucales e gárgaras en caso de inflamación da boca ou da gorxa.
  • Antitusíxena: tanto aplicada localmente en gargarismos, como en forma de tisana, calman a tos rebelde debida á irritación das vías respiratorias altas.

As castañas son ricas en glúcidos (máis do 40 %), e conteñen pequenas cantidades, aínda que moi aproveitables, de grasa e proteínas, así como vitamias A, B e C e sales minerales. As súas propiedades máis interesantes son:

Aportan sustancias alcalinizantes, que neutralizan o exceso de ácidos no sangue e facilitan a súa eliminación pola orina, o que resulta especialmente útil ós que padecen reumatismo por exceso de ácido úrico (atritismo) e ós que consumen carne en abundancia.

Moi baixo contido de sodio (1 mgr por 100 gr de parte comestible), e elevada proporción de potasio (710 mgr por cada 100 gr); polo que resultan útiles nas dietas dos hipertensos e cardíacos.

¿Cómo se secan as castañas?


As castañas sécanse de diferentes maneiras: nunhas partes sécanse ó sol; noutras en fornos, e nalgunhas cúranas ó fume das cociñas. Despois de secas, nunhas partes gardan a cáscara, e noutras móndanas e desnúdanas non só da cáscara exterior, senón tamén da interior, deixándoas limpas, brancas e curadas.

Para descascalas, nuns sitios enchen un saco húmido e despois apaleano ata quelles saen as cáscaras interior e exterior, que se están ben secas, hanlles saír con facilidade; noutros sitios poñen poucas castañas no saco para collelo logo entre dous homes polos extremos, érgueno ó aire e sacúdeno con forza contra un banco que poñen no medio.

Terminada esta primeira maniobra pásase a limpalas usando unha criba, e outros avéntanas como o trigo, pero de calquera modo as castañas quedan enteiramente separadas de cáscara na que están envoltas, e non falta máis que darlle a última man para separar as danadas e feitas pedazos das que están enteiras, sás e en estado de conservarse.

De cada 2 ferrados e medio de castañas frescas de boa calidade sácase 1 de mondadas e curadas.

Nalgunhas das cidades máis opulentas de Italia, donde abundan o trigo e o maínzo, usan moito de agasallo a fariña de castañas para tortas, buñuelos e outras pastas sumamente sabrosas e delicadas, o que proba evidentemente a exquisita calidade deste alimento. En grande parte de Italia e Francia é usual e común o pan de castañas entre a xente do campo sen outra preparación que cocidas ou asadas con mel, e algúns outros condimentos cos que están tamén moi sabrosas, especialmente as pilongas.

 

O Magosto


O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva o nome deste santo.

Outra data case obrigada para comer castañas é o primeiro de Maio, chamándoselles "MAIOLAS ou MAIAS", e comíanse para "non desmaiarse o resto do ano".

Tamén se comían as castañas na Coresma cando había o costume de que non se comese carne.

En Galicia comianse castañas ata que apareceron as patacas. Hai moitos xeitos de comer castañas: Castañas asadas, castañas cocidas, caldo de castañas, etc. Para que lles sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar. Chámanse zonchos.

 

A TRADICIÓN

A CASTAÑA

ARTIGOS

UNIDADES DIDÁCTICAS 

RECOLLEITA

WEBQUESTS

VIDEOS