Día das nenas nas TIC


 

27 de abril

Día das nenas nas TIC

Centro de Supercomputación de Galicia


 

O 27 de abril conmemoramos no CESGA no "Día das Rapazas nas TIC" e  coñeceremos o Finis Terrae III, o novo superordenador do CESGA.

Os datos estatísticos evidencian o menor interese das mulleres por optar a carreiras universitarias relacionadas coas TIC; o que conleva a súa escasa presenza no mundo laboral. Un exemplo desta carencia é a baixa proporción de mulleres que traballan como profesionais da informática en Europa.
Máis aló dun problema de xénero, a razón fundamental para crear este día é que a falta de mulleres con competencias para o uso e desenvolvemento das TIC redunda nunha grave diminución do desenvolvemento económico e social dos países.
Na actualidade, toda actividade económica que se está a realizar no mundo implica implicitamente a utilización dalgún elemento tecnolóxico, xa sexa desde saber facer unha chamada dende un smartphone ata tarefas moito máis complexas como xestionar un inventario a través de táboas dinámicas en Excel ou rastrexar as métricas nas redes sociais.
Se a poboación feminina, que tamén pasa a ser maioritaria, non posúe as habilidades e coñecementos necesarios para levar a cabo este tipo de tarefas, nin se implica no desenvolvemento de novos elementos que poidan xerar avances neste ámbito, o mundo sufrir estancamento..

  • Alumnas de 6ºEP.