Teatro Buratini


Mensaxe nunha botella de plástico

Unha nova iniciativa da Concellaría de Cultura e do Auditorio para estimular aos máis pequechos e convertelos en futuros espectadores (ou mesmo artistas, quen sabe): os títeres de Buratini, na obra Mensaxe nunha botella, e a produción de Berrobambán Boas Noites, baseada no texto de Paula Carballeira gañador do I Manuel María de Literatura Dramática Infantil. 

O día 30/10/07  asiste ao Teatro Principal o alumnado de 3º e 4º curso as 10:30 e 12:00h respectivamente.