Cinensino


 
 

O programa de prevención de drogodependencias “CINENSINO” englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para iso o programa debe ser asumido polo centro educativo ao que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo propio profesorado.

Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección de tres películas irase profundando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.

As películas que van ser visionadas polo alumnado de 5º curso son:

  • Mércores 10/10/2007. PÉREZ, UN RATO CON HISTORIA. 12:00h.
  • Martes 15/01/2008. LASSIE.  12:00h.
  • Xoves 10/04/2008. MIMZY, MÁS ALLÁ DE LA IMAGINACIÓN. 12:00h.