Museo de Historia Natural


 

Museo de Historia Natural

Parque Vista Alegre, Santiago de Compostela.


Constitúe o conxunto de patrimonio histórico natural máis importante de Galicia. Trátase do único no seu tipo en toda a comunidade, rica en museos relacionados coa arte e a historia.
Os seus fondos, que conservan moitas das coleccións do século XIX, fóronse ampliando co tempo grazas a doazóns, adquisicións e intercambios con outras institucións. Particulares e interesados no desenvolvemento científico, como os membros da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, participaron no enriquecemento do museo.
Entre as súas principais funcións están a investigación, a docencia e a divulgación científica. Posúe coleccións de botánica, de zooloxía, de xeoloxía, etc. O museo pon a énfase nas ciencias da vida e especialmente no desenvolvemento científico galego.


  • 26 de novembro. 4º A e B.
  • 27 de novembro. 4º EP C.