ACTO LETRAS GALEGAS - INFANTIL 15-5-2018 (12:00h. Salón de actos)
Canción: “Pirin pin pin” 3 anos A-B-C Canción: “A Carolina” 4 anos A-B-C Canción: “Eu teño un canciño” 5 anos A-B-C Canción: “Dime que fixeches”. 3 anos A Canción: “O galo canta”. 3 anos B. Canción: “Sinfonía de Uxía”. 4 anos A. Teatro: “A avelá” .4 anos B. Canción: “Samba Oh Lelé”. 4 anos C. Baile: “A muiñeira de Lugo” 5 anos A. Poema: “Parece una rosa””. 5 anos B. Canción: “Quérote máis”. 5 anos C
Canción: “Catro vellos mariñeiros” 3º A-B-C Canción: “A sementeira” 3º A-B-C Canción e baile: “O rap da lingua” 1º A Poema recitado: “Os meses do ano” 1ºC Baile: “O vello mentireiro” 1ºB Canción: “Eu non sei que pasou no muiño” 1º A-B-C Teatro: “Os sete cabritos” 3ºA Canción: “No bico un cantar” 2ºA Teatro: “O casamento da pulga e o piollo” 3ºB Canción: “Malaxente” 2ºB Teatro: “O elefante comellón
Canción: “A rianxeira” 4ºA Teatro: “O galo Quirico” 5ºA Regueifa: “Os regueifeiros de 4ºB” Relato: “O mundo dos tontos ou dos parvos” 5ºB Poemas 4ºC Relatos: “Que contamos?”, “Abuelita” e Relato oral
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
O SAMAÍN
Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta. O samaín é a súa festa na honra dos defuntos, marcando o paso do outono o inverno. Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.
O próximo 31 de outubro, na celebración do Samaín, o alumnado poderá vir disfrazado acorde coa proposta realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística: bruxas, bruxos ou meigas, meigos coa creatividade propia de cada familia. As cabazas e os froitos de outono acompañarán a celebración. Poderán decorarse sen baleirar co obxecto de que a súa durabilidade sexa maior. A partir do 26 de outubro comezaremos esta exposición.
O óleo «A derradeira lección do mestre» representa o pranto desconsolado de dous nenos ante o cadáver fusilado do seu mestre. Castelao quixo render homenaxe a outro insigne nacionalista, Alexandre Bóveda, xulgado sumariamente e executado polo bando franquista, levando o seu rostro ao do cadáver do cadro. No seu transfondo, a obra reproduce unha realidade que tivo lugar na Galicia da posguerra, a da persecución dos mestres republicanos por parte das autoridades franquistas.
O cadro é unha obra de dous metros de altura que, a pesar da súa transcendencia, non formara parte ata agora de ningunha exhibición ou mostra, máis aló de decorar estancias do Centro Galicia. Precisamente, esta histórica mutualidad foi vendida a finais do pasado a unha compañía sanitaria privada tras máis dun século ao servizo -nos seus comezos- dos emigrantes galegos e os seus descendentes.