EDL. Actividades anuais 17-18


  

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o venres 11 de decembro.
O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal.

PREMIOS:

Un premio de 50€ nun ticket regalo para cada gañador ou gañadora dos seguintes niveis agrupados: EI, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal.

 

As gañadoras e gañadores foron:

  • Irene Molina Verde de 6º EI B.
  • Marta Lama Fernández de 2º EP B.
  • Alex Sarrapio Pereira de 3º EP A.
  • Marta Amboage López de 6º EP B.

 

 

 

 

 

O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta. O samaín é a súa festa na honra dos defuntos, marcando o paso do outono o inverno.  
Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

O próximo 31 de outubro, na celebración do Samaín, o alumnado poderá vir disfrazado acorde coa proposta realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística: bruxas, bruxos ou meigas, meigos coa creatividade propia de cada familia.
As cabazas e os froitos de outono acompañarán a celebración. Poderán decorarse sen baleirar co obxecto de que a súa durabilidade sexa maior. A partir do 26 de outubro comezaremos esta exposición.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN