O conto viaxeiro


 

O CONTO VIAXEIRO

Actividade a desenvolver no centro


O Conto viaxeiro é unha iniciativa do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago para contribuír a dinamizar o uso da lingua galega nas primeiras idades, ofrecendo aos centros de ensino un recurso didáctico e lúdico: a construción dun conto colectivo.

Esta actividade componse de varias sesións, en cada unha das cales, a través de diferentes dinámicas de creación artística e literaria, vanse introducindo os elementos constituíntes do conto: lugares, personaxes, situacións, conflitos… favorecendo o coñecemento e a reflexión sobre o contorno lingüístico e cultural.

 

  • 11 de abril. 4ºEP A.
  • 12 de abril. 4ºEP C.
  • 16 de abril. 3ºEP A.
  • 18 de abril. 3ºEP B.
  • 19 de abril. 3ºEP C.
  • 24 de abril. 4ºEP B.