2016-2017. Ponlle as pilas ao teu bocata


 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

 


É unha campaña deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería Sanidade e Anfaco-Cecopesca, para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar.
Dunha forma divertida, explícaselles ás nenas e nenos da nosa comunidade a importancia dos produtos do mar nunha dieta equilibrada.
Mergullaranse na aventura “Do mar á lata, e da lata ao teu bocata”, onde experimentarán o labor dos mariñeiros, coñecerán o proceso dunha fábrica conserveira, aprenderán a clasificar os peixes e mariscos propios da nosa comunidade, valorarán a importancia do coidado e conservación dos recursos mariños,… e prepararán o seu bocata de atún, mexillóns ou xoubas, seguindo as receitas que se incorporan ao programa.


  • 7  de xuño. Alumnado de 3º e 4º de EP