Almorz@ con beizos brancos


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

ALMORZ@ CON BEIZOS BRANCOS

AGACA


Os alumnos e alumnas do terceiro curso de primaria participarán nas actividades de “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Obra Social “La Caixa” co fin de promover unha nutrición sa entre os escolares, así como facerlles notar a riqueza dos produtos do agro galego.
A modo de exemplo de almorzo completo e saudable, os estudantes probarán pan galego con aceite, mandarinas e leite con cacao e mel.
Complementando a información alimentaria, un xogo educativo explicará aos participantes todos os procesos polos que pasa o leite dende que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos, co fin de poñer de relevancia non só o valor dos lácteos na dieta senón tamén unha mostra dos traballos e tarefas que compoñen sector agroalimentario.


Alumnado de 3º de EP

  • 28 de outubro e 2 de decembro.