Albergue de Gandarío

O día 28 de maio de 2007 fomos o Albergue de Gandarío, en Sada. Saímos do colexio sobre as 9:30 h. da mañá. Ata alí fomos en autobús, a viaxe durou unha hora aproximadamente.

Cando chegamos os monitores déronnos a benvida ao albergue e leváronnos aos pavillóns para sacar a equipaxe e gardar a roupa nos armarios. Tódos os días deitabamonos sobre as 0:30 h. e levantabamonos sobre as 8:30 h.

O primeiro día realizamos moitas actividades e tamén fomos á praia. Pola noite xogamos a McGuiver  un xogo de estratexia moi divertido.

 

O segundo día non fomos á praia porque estaba mal o día e pola mañá algúns grupos fixemos orientación un xogo por grupos que consistía en ir a diversas zonas do albergue en busca de cousas seguindo un mapa. Pola tarde fomos á sala de xogos alí xogamos e fixemos unha pulseira con pasta para sopa fritida. Pola noite uns alumnos de Vigo representaron unha obra moi divertida. Despois xogamos ás agachadas por case todo o albergue.

 

O terceiro día algúns grupos fixeron: tiro con arco, xogos...pola tarde fomos xogar outra vez á sala de xogos e pola noite xogamos ao puzzle o xogo consistía en ir polo albergue superando probas para que os monitores che deran unha peza e así ir completando un quebracabezas.

O cuarto día pola mañá non fixo moi bo tempo e ningún grupo puido realizar nin tiro con arco, nin orientación nin xogos…pero pola tarde cambiou o tempo e puidemos estar na praia un pouquiño. Pola noite todos os monitores prepararon una festa de despedida moi divertida, era a nosa última noite alí e deitámonos á 1:00 h.O quinto e último día visitamos a fábrica de cerámica Sargadelos e regresamos a Santiago. Chegamos sobre as 7:30 h. 

A excursión ó Albergue de Gandarío foi moi divertida e os monitores tamén eran divertidos e graciosos.

 

GALERÍA DE FOTOS