Biblioteca 33


BIBLIO33

 

   Biblioteca 33.  Fundación Caixa Galicia

 

 

Na rúa santiaguesa de Frei Rosendo Salvado, 14-16, atópase a sede da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia, cun espazo adicado aos máis cativos. Ata alí desprazaronse os nenos e nenas de EI de 4 e 5 anos do CEIP Pio XII coa intención de pasar unha xornada amena e formativa ao mesmo tempo.
Agradando a nosa chegada estaban Álvaro e Bea que, despois de darnos unha calorosa benvida, amosáronnos ás súas instalacións.
A biblioteca é un lugar fermoso e cun grande atractivo, cheo de cor e luminosidade, onde todos vos libros e contos están ao seu alcance, e cuns espazos ben definidos para poder ollalos ou facer algunha manualidade segundo ás súas preferencias.
Álvaro explicounos ou seu funcionamento na necesidade de coidar os libros e manter unha orde para que todos podan gozar deles. Bea contoulles moitos contos cos que os nenos e nenas gozaron moito.
Ao despedirnos, agasalláronnos cun conto e unhas pinturas de cores para que sigan a desenvolver ou artista que levan dentro, e invitáronnos a todos a facernos socios para que xunto coa nosas familias poidamos seguir gozando da maxia dos contos.
Pasamos unha xornada marabillosa.

 
GALERIA DE FOTOS