16-17. Día Internacional da Muller


 

8 DE MARZO



A igualdade entre homes e mulleres no mundo laboral é un dos grandes soños que empezou a forxarse no século XX. A día de hoxe, o que foi utopía está preto de ser unha realidade, pero a pesar dos avances realizados nesta materia nas últimas décadas aínda queda moito traballo por facer para alcanzar o equilibrio pleno entre sexos, sobre todo na área laboral.  Co obxectivo de limar estas diferenzas e  de integrar no seu comportamento e filosofía a igualdade, este ano fixemos no colexio un fotomatón animando á comunidade educativa a fotografiarse nel.

   

 

EXPOSICIÓN: CON A DE ASTRÓNOMA

CEIP PIO XII. DO 1 AO 17 DE MARZO


En todas as épocas da historia atopámonos con astrónomas que dedicaron os seus días, e as súas noites, ao estudo dos corpos celestes. Esta mostra lémbranos a moitas delas, desde Aglaonike que predicía eclipses de Lúa na Grecia clásica a Caroline Herschel que descubriu cometas e estudou as estrelas binarias no século XVIII. E tamén moitas investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

A través dunha serie de paneis faise un percorrido entre os principais fitos da astrofísica e ao papel fundamental que tivo a muller  desde a antigüidade ata os nosos días. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a gran escala do Universo, ou a medida das distancias estelares pasean ante os nosos ollos explicadas dunha maneira divulgativa e amena.

Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina Ling, da Universidade de Santiago de Compostela.


 

CONFERENCIA "CON A DE ASTRÓNOMA"

  • Josefina Ling. Profesora de Astronomía e Astrofísica da USC. Alumnado de 5º e 6º de EP.