15-16. Día Internacional da Muller


 

 

8 de marzo. O Día Internacional da Muller


Orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora e conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Festa recoñecida nalgúns países, tradicionalmente neste día grupos e asociacións de mulleres preparan manifestacións por todo o mundo para facer ver as súas reinvindicacións de mellora das condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

Neste curso 2015-2016 con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller elaboraremos un mural no que todas as aulas reflectirán o seu compromiso coa igualdade.